top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Un vehículo 8x8 da AXEGA súmase ao operativo de busca da muller desaparecida en Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Familiares, veciños, Garda Civil, efectivos de Protección Civil, membros do GES de Lalín e persoal da Unidade Operativa de Drons da AXEGA buscan sen cesar á octoxenaria que se perdeu o pasado luns cando saíu da súa casa para dar os seus paseos rutineiros, en Vila de Cruces.


Publicidade

Hoxe, ademais de incorporarse á procura da muller os cans de rescate de CASAGA (Asociación de Cans de Salvamento de Galicia), a AXEGA despraza a Vila de Cruces un vehículo de tracción 8x8.


Publicidade

A principal característica deste vehículo é que a súa tracción permite acceder a recunchos e lugares moi complexos, onde outros  vehículos de emerxencias da mesma categoría non poden chegar.


Publicidade

Así, este vehículo intervén hoxe no dispositivo, coordinado pola Garda Civil, cun equipo humano multidisciplinar de profesionais a bordo,  formado polos técnicos da Unidade Operativa de Drons da AXEGA e da Unidade Pegaso da Garda Civil, que traballarán conxuntamente co fin de obter os mellores resultados.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page