top of page

"Colleunos o teléfono e díxonos que se atopaba ben, pero que estaba perdida", sinala un dos fillos de Divina Peiteado

Isto foi onte pola tarde, pero despois o teléfono debeu quedar sen batería


Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

Autoridades e voluntarios organizando o dispositivo de búsqueda a primeira hora da tarde. Autor: Ecos da Comarca.

Por desgraza a búsqueda da octoxenaria cruceña segue sen opter resultados. Divina Peiteado Varela é veciña da parroquia de Toiriz (Vila de Cruces), aínda que ten as súas raíces no municipio de Agolada, ten 82 anos e foi vista por última vez onte, luns, sobre as 15:10 horas, na zona do Camballón. Está activo un dispositivo de búsqueda e hai voluntarios de distintas comarcas. Xente a pé, a coche, en cabalo, en quads e en motos buscan por todos os recunchos. A coordinación da búsqueda estase levando a cabo dende a Biblioteca Municipal Neira Vila de Vila de Cruces. Alí, sobre as 14:00 horas, falamos cun dos seus fillos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

1. Sabedes sobre que hora saíu da casa?

Saíu sobre as dúas da tarde. Viuna saír un veciño. E houbo outras dúas persoas máis que a viron en dous puntos cercanos na zona do Camballón, dirección Vila de Cruces. E o último que sabemos.


    2. Ela adoitaba saír a pasear a esa hora?

Ela adoitaba saír dependendo do tempo pola mañá ou pola tarde, pero a zona pola que saía camiñar non era fixa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

3. Que tal está de saúde?

Está ben en xeral e tamén de mobilidade.


    4. Cando vos decatastes de que faltaba?

Pois chegou a coidadora ás cinco da tarde á casa e non lle abríu o portal. Entón chamouna por teléfono e ao collerlle díxolle que se perdera. Que estaba no monte, que se desorientara e que estaba perdida. A coidadora contactou con meu irmán e el chamouna e foi tamén o que lle dixo. Sobre as oito da tarde volveu falar con ela e dixo que estaba ben, pero que non sabía onde estaba. Pero despois xa non demos falado máis con ela. Acabaríaselle a batería.


    5. Así ela non vos soubo especificar en que zona estaba?

Non sabía. E non sabemos se lle puido dar un mareo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

    6. Como está indo o dispositivo de búsqueda (entrevista feita ás 14 horas deste martes)?

Ben. O dispositivo xa empezou onte as seis da tarde. Foi cando chamamos a Emerxencias e o 112 coordinou todo. Está Protección Civil de moitos sitios como de Vila de Cruces, Lalín,... a Garda Civil igual, incluso os de Seprona viñeron de Ponteareas, de Moaña... Tamén viñeron con cans e estivemos cos eles toda a noite ata as sete da mañá cando se agotaron xa que estiveron cinco horas. Ademais, tamén a están buscando con drons. Hoxe pola mañá veu o helicóptero, aterrizou, pero coa néboa non puido. (**Dicir que despois do mediodía o helicóptero puido sobrevoar algo, pero non moito tempo debido a néboa). Estase peinando todo, pero nada.


   7. Levaba unha roupa parecida á da foto?

Ela adoita vestir roupa escura, falda ou pantalón, zapatillas e xersei ou chaqueta.


Nós tamén falamos co Capitán Pampín da Garda Civil sobre o dispositivo de búsqueda. Todo no vídeo:


NOTICIA RELACIONADAS:




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page