Terceira xornada de búsqueda da cruceña Divina Peiteado sen resultados
- Laura Moure / IsmaelRS
- 20 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

Continúa a búsqueda de Divina Peiteado, a veciña da parroquia cruceña de Toiriz que está en paradoiro descoñecido. Foi vista por última vez ás 15:10 horas do luns pola zona de Camballón. Dende ese día está activado un dispositivo de búsqueda, pero por desgraza, non se obtiveron resultados.
Publicidade
Este mércores pola mañá a búsqueda trasladouse ao concello veciño de Agolada. Autoridades e voluntarios peinaron sobre todo as parroquias de Brántega, Val de Sangorza e Órrea. Cabe mencionar que Divina é natural do lugar de Cebolido, en Val de Sangorza. Tamén se buscou nunhas fincas da súa propiedade no lugar do Sisto.
Así mesmo, a búsqueda centrouse no entorno da área recreativa de Toiriz, porque un camioneiro, tal e como nos contou un dos seus fillos, afirmaba vela na estrada preto do río. Nesta contorna, así como noutras dos concellos de Vila de Cruces e limítrofes de Lalín, como en Toimil, sobrevou o helicóptero da Garda Civil que estivo toda a mañá traballando, algo que foi imposible onte a causa da néboa.
Publicidade
Por desgraza, non se obtivo ningún resultado.
Publicidade
A familia móstrase agradecida con toda a xente que está colaborando na búsqueda e tamén coa Xunta polo magnífico operativo que está montado, xa que considera que se están poñendo todos os medios posibles na búsqueda da octoxenaria.
NOTICIA RELACIONADAS:
Anuncio da desaparición: https://www.ecosdacomarca.com/post/activado-un-dispositivo-de-busca-para-localizar-a-unha-muller-que-se-perdeu-onte-en-vila-de-cruces
O Concello pide a colaboración cidadá: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-divina-peiteado-veci%C3%B1a-da-parroquia-cruce%C3%B1a-de-toiriz-que-est%C3%A1-desaparecida-dende-onte
Entrevista a un dos fillos da desaparecida: https://www.ecosdacomarca.com/post/colleunos-o-tel%C3%A9fono-e-d%C3%ADxonos-que-se-atopaba-ben-pero-que-estaba-perdida-sinala-un-dos-fillos-d
Comments