A Xunta dá por extinguido o lume forestal do Sexo que calcinou 522,32 hectáreas
- ecosdacomarca
- hace 20 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada

A Consellería de Medio Rural informa que onte, sábado 23 de agosto, quedou extinguido ás 13:14 horas o incendio forestal do concello de Agolada, parroquia do Sexo, que se iniciou o venres 15 e o cal, afectou finalmente unha superficie de 522,32 hectáreas, todas elas de monte arborado.
Neste lume foi preciso activar a Situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo. Cabe mencionar que este lume se propagou a outras parroquias agoladesas como Val, Agra, A Baíña e Berredo e tamén á zona do concello veciño de Santiso.
Publicidade
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, tal e como afirma Medio Rural, "5
técnicos, 32 axentes, 51 brigadas, 54 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 2 avións", aínda que a veciñanza non está de acordo con estas cifras, sobre todo a veciñanza do Sexo, que foi ela a que conseguíu salvar as súas vidas e vivendas.
Publicidade
Cómpre salientar que nos incendios estase a contar coa colaboración de bombeiros dos
consorcios provinciais, bombeiros municipais, GES e servizos de emerxencias locais. Tamén neste lume traballaron arreo gandeiros con tractores e cisternas para salvar vivendas e granxas, como foi no caso de varias granxas da Baíña, onde os gandeiros afirman que estiveron eles sós para facerlle fronte ao lume, e tamén traballaron sen parar cando o lume estaba cercando ás vivendas do Sexo ou cando se aproximaba ás casas de Berredo.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O lume que se iniciou na parroquia do Sexo e se foi propagando a máis, xa calcinou 400 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-que-se-iniciou-na-parroquia-do-sexo-e-se-foi-propagando-a-m%C3%A1is-xa-calcinou-400-hect%C3%A1reas
Estabilizado o incendio forestal do Sexo que afectou a outras parroquias agoladesas e de Santiso: https://www.ecosdacomarca.com/post/estabilizado-o-incendio-forestal-do-sexo-que-afectou-a-outras-parroquias-agoladesas-e-de-santiso
A Xunta dá por controlado o incendio forestal do Sexo que afectou tamén a outras parroquias: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xunta-d%C3%A1-por-controlado-o-incendio-forestal-do-sexo-que-afectou-tam%C3%A9n-a-outras-parroquias
Comentarios