A Xunta dá por controlado o incendio forestal do Sexo que afectou tamén a outras parroquias
- ecosdacomarca

- 21 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Hoxe hai concentracións polos lumes en varias localidades, entre elas Lalín, Melide e Monterroso
Ecos da Comarca/Agolada
Ás 16:35 horas de onte, mércores, deuse por controlado o incendio forestal do concello de Agolada, parroquia do Sexo, que se iniciou o pasado venres e o cal, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 400 hectáreas. Cabe mencionar que este lume se propagou a outras parroquias agoladesas como Val, Agra, A Baíña e Berredo e tamén á zona do concello veciño de Santiso.

Neste lume foi preciso activar o venres a Situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo. Tamén o domingo foi preciso a mobilización dos Bombeiros de Arzúa por aproximarse ás vivendas de Berredo.
Publicidade
Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, e segundo como afirma, Medio Rural, 5 técnicos, 28 axentes, 46 brigadas, 50 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 2 avións.
Publicidade
Cabe mencionar o gran traballo de veciños de distintos puntos que se desprazaron cos seus tractores e cisternas e axudar a salvar granxas e vivendas.
Lembramos que hoxe, xoves 21, hai concentracións polos lumes. Nas comarcas terán lugar en Lalín, Melide e Monterroso.

NOTICIAS RELACIONADAS:
O lume que se iniciou na parroquia do Sexo e se foi propagando a máis, xa calcinou 400 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-que-se-iniciou-na-parroquia-do-sexo-e-se-foi-propagando-a-m%C3%A1is-xa-calcinou-400-hect%C3%A1reas
Estabilizado o incendio forestal do Sexo que afectou a outras parroquias agoladesas e de Santiso: https://www.ecosdacomarca.com/post/estabilizado-o-incendio-forestal-do-sexo-que-afectou-a-outras-parroquias-agoladesas-e-de-santiso








Comentarios