Estabilizado o incendio forestal do Sexo que afectou a outras parroquias agoladesas e de Santiso
- ecosdacomarca
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Segundo os datos proporcionados a primeira hora de hoxe, luns, pola Consellería de Medio Rural, ás 12:30 do mediodía , domingo, quedou estabilizado o incendio forestal do concello de Agolada, iniciado na parroquia do Sexo, pero que se propagou a outras parroquias agoladesas e tamén ata o concello veciño de Santiso.

Sen embargo, as cinco da tarde de onte domingo, volveuse activar este lume na parroquia de Berredo e foi necesario protexer as casasí porque o lume se estaba aproximando. Por iso, se desprazaron ata o lugar os Bombeiros de Arzúa. Tamén se mobilizaron un número importante de gandeiros con tractores e cisternas desde distintos puntos. Dende aquí o noso máximo agradecemento.
Publicidade
Ademais, de traballar na zona distintos medios de extinción, motobombas, bombeiros forestais… así como a última hora dous helicópteros e dúas pás. Tamén estivo presente a Garda Civil porque foi necesario cortar o tráfico da estrada de Brántega. Un veciño da parroquia de Artoño achegouse cunha cuba chea de auga para abastecer aos medios de extinción. Coma en outros lumes, a unión da cidadanía foi primordial.
Tamén os veciños estiveron preparados con tractores e cisternas no concello de Santiso, cara onde se dirixiu de novo este lume.
Publicidade
Segundo os últimos datos, e segundo as últimas estimacións, este incendio xa supera as 400 hectáreas afectadas.
NOTICIA RELACIONADA:
O lume que se iniciou na parroquia do Sexo e se foi propagando a máis, xa calcinou 400 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-lume-que-se-iniciou-na-parroquia-do-sexo-e-se-foi-propagando-a-m%C3%A1is-xa-calcinou-400-hect%C3%A1reas
Comentarios