top of page

O goberno de Vila de Cruces apunta ao PP como "o causante do mal estado da ponte da Balsiña"

Sinala que "foi rehabilitada a comezos dos anos 90, cando xa gobernaba Otero, e polo seu mal mantemento actualmente presenta danos estruturais graves"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O goberno municipal de Vila de Cruces amosa "a súa sorpresa ante unha rotunda afirmación da oposición do PP sobre o estado da ponte da Balsiña, na que aseguran, facendo referencia ao alcalde Luís Taboada, que “foi durante o seu mandato cando pasou de estar operativa a ser intransitable e perigosa, o que obrigou ao seu peche, que non foi

preventivo, senón consecuencia directa da súa neglixencia e deixamento”. Desde o goberno de Xuntos sinalan que a rehabilitación da ponte realizouse nos anos 1992 e 1993 e lembran que este equipo de goberno entrou no Concello no mes de maio de 2019, “polo que nun transcurso tan breve de tempo as vigas de madeira non chegan ao estado no que se atopan se o problema non viñese de tempo atrás. Se a alguén hai que culpar de falta de dilixencia e mal mantemento será ao goberno anterior do PP, xa que uns danos estruturais tan graves nunha estrutura que ten tantos anos non aparecen dun día para outro”.

Sobre a información que segundo o PP de Vila de Cruces trasladou a Xunta o pasado mes ao goberno municipal, o equipo de Xuntos indica que "quizais o propio Otero ten información que se descoñece, pero asegura que en ningún momento a Xunta lle comunicou que a competencia era exclusivamente municipal, xa que o que se nos explicou foi a posibilidade de liñas compartidas para obter medios de financiamento e

procedemento para a reparación da ponte”.


Tamén sobre as declaracións do PP sobre “o rexeitamento á manipulación constante e ao ton agresivo”, o equipo de Xuntos descoñece “se están a falar de nós ou deles mesmos, xa que continuamente están ameazando coa fiscalía e cos xulgados”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto á reiteración de que todos os procedementos abertos que afectan ao Concello se iniciaron baixo o mandato de Xuntos, o equipo de goberno sinala que o feito de que

o inicio estivese no comezo da lexislatura “non quere dicir que a causa da súa orixe non fose anterior”, segundo feitos acontecidos durante o mandato do PP de Vila de

Cruces.


Sobre a afirmación do PP de que “outros Concellos nos adiantan con proxectos reais e ilusionantes, seguimos perdendo oportunidades”, desde o equipo de goberno lémbranlle a Otero "que durante o seu mandato, de 1990 a 2019, a poboación de Vila de Cruces descendeu de xeito progresivo desde os 8.444 habitantes aos 5.208 habitantes, así como a perda importante de fondos europeos “desperdiciados” por non telos solicitado, para poder así ter hoxe en día nas distintas parroquias do Concello sistemas de abastecemento e saneamento en funcionamento".


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page