top of page

O Concello de Vila de Cruces defende o peche da ponte da Balsiña, en Toiriz

Denuncia a gravidade da acción dunha veciña "que o luns colocou na porta do Consistorio os sinais de peche e restos de táboas soltas da ponte, retirando o precinto que amosaba o perigo de cruzala"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces precintou a principios deste ano a ponte da Balsiña, na parroquia de Toiriz, por razóns de seguridade viaria. Segundo o Concello, o mal estado no que se atopan as vigas de madeira que sosteñen á estrutura da ponte poñen en risco a seguridade das persoas, “que moitas veces non son conscientes do perigo ao atoparse o problema na parte inferior da ponte, non visible para os viandantes”.


No mes de febreiro, mediante chamada telefónica, o Concello de Cruces informou da

situación da ponte á Secretaría Xeral Técnica dependente da Consellería de Medio Ambiente. No mes de abril, sen ter recibido resposta da Consellería, o Concello envioulle un escrito a este departamento e á Dirección Xeral de Patrimonio Natural facendo referencia ao cartel que se atopa na entrada da ponte, polo lado do Concello de Agolada: (MELLORAS MEDIO AMBIENTAIS CONCELLO DE AGOLADA. XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE. DIRECCIÓN XERAL DE MONTES E MEDIO AMBIENTE NATURAL). O Concello de Cruces explica que no lado do municipio cruceño nunca houbo ningún cartel, e descoñecen datos sobre a titularidade desta intervención.

No mes de maio, o Concello sinala que o Servizo Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra contestou ao escrito enviado constatando o mal estado, polo que require o

peche da ponte por seguridade, tal como xa fixera o Concello de Cruces a principios de

ano, ademais de instar a proporcionarlle información relativa á titularidade da ponte. “A situación está en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, a quen se lle comunicou o malestar que o peche da ponte xerou entre a veciñanza. Tamén lle solicitamos a esta Consellería que esclareza cal é o organismo responsable da reparación da ponte para poder reabrila o antes posible dentro da seguridade necesaria para os veciños e veciñas”, aclaran desde o Concello.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Así, este luns, 9 de xuño, apareceron diante da porta de entrada do Concello de Cruces os sinais de peche que se lle puxeran á ponte e algúns restos de táboas soltas, retirados por unha veciña, acción que demostra o malestar polo peche desta infraestrutura", recala o Concello. En canto ao modo de reivindicarse por parte desta veciña, ao igual que se lle

comunicou o mesmo luns a ela, o Concello salienta a gravidade de ditos actos ao retirar o precinto que amosaba o perigo de cruzar a ponte. “Con esta acción o que se puido propiciar é que a xente que pasara por aquel lugar procedera a cruzar a ponte ao pensar que xa non había ningún perigo” –argumentan–.


Ademais, o Concello lembra que ese acceso non é o único para acceder ao negocio que alí se atopa, si é o máis directo, pero polo peche da ponte o negocio non queda totalmente incomunicado. Ante esta situación, na mesma mañá do luns, desde a Policía Local de Vila de Cruces volveuse a precintar a entrada da ponte co obxecto de advertir a todas as persoas do perigo que supón cruzala. "Desde xeito, se algunha persoa, pese ao precinto, decide cruzar, será responsabilidade individual de cada un/unha".






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page