O BNG de Lalín levará ao pleno o corte de subministración de auga
Ecos da Comarca/Lalín
O corte de subministración de auga rexistrado en Lalín volve poñer de manifesto, ao xuízo do BNG de Lalín, "a incapacidade do goberno municipal para garantir un servizo mínimo e ofrecer á cidadanía unha resposta á altura das circunstancias".

Resulta especialmente grave, apunta o Bloque, "que a veciñanza tivese que agardar ata 15 horas para recibir información por parte do goberno municipal sobre unha situación que afecta directamente a un servizo esencial. A falta de comunicación, transparencia e previsión está a xerar incerteza e importantes prexuízos entre particulares, empresas, comercios, hostalaría e outros sectores que dependen dunha subministración de auga normalizada para poder desenvolver a súa actividade".
PUBLICIDADE
A súa voceira municipal, Mari Fernández, esixe responsabilidades políticas por esta falta de información e reclama explicacións claras sobre ao sucedido: "cando tivo coñecemento
o goberno municipal do problema, por que non informou inmediatamente á cidadanía, que
medidas se adoptaron para minimizar as consecuencias e que protocolos existen para
actuar ante futuras incidencias".
Desde o BNG tamén consideran imprescindible que o goberno informe e atenda de maneira específica aos sectores que se están a sentir especialmente prexudicados, ofrecendo información sobre as previsións de recuperación do servizo, as medidas de
continxencia e as posibles vías de apoio ante os danos ou perdas ocasionados.
PUBLICIDADE
"Non se pode normalizar que ante un problema que afecta a un servizo básico a resposta
do goberno municipal sexa o silencio durante horas. A cidadanía merece información rápida, veraz e transparente, especialmente cando está en xogo un servizo esencial. O sucedido evidencia, unha vez máis, que este goberno é incapaz de garantir os servizos
mínimos á cidadanía e de responder con eficacia ante situacións que afectan ao día a día
dos veciños e veciñas de Lalín".
PUBLICIDADE
Mari Fernández anuncia que levará este tema ao vindeiro pleno municipal para reclamar
ao goberno municipal que dea explicacións públicas inmediatas, asuma as responsabilidades que correspondan e adopte as medidas necesarias para que unha
situación semellante non volva repetirse.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Lalín activa un plan de emerxencia de abastecemento de agua debido á reducción crítica dos depósitos: https://www.ecosdacomarca.com/post/lal%C3%ADn-activa-un-plan-de-emerxencia-de-abastecemento-de-agua-debido-%C3%A1-reducci%C3%B3n-cr%C3%ADtica-dos-dep%C3%B3sitos
Alba Forno esixe explicacións polos cortes de auga en Lalín e lamenta que as medidas cheguen tarde: https://www.ecosdacomarca.com/post/alba-forno-esixe-explicaci%C3%B3ns-polos-cortes-de-auga-en-lal%C3%ADn-e-lamenta-que-as-medidas-cheguen-tarde
O subministro de auga no núcleo urbano de Lalín queda restablecido ao 75%: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-subministro-de-auga-no-n%C3%BAcleo-urbano-de-lal%C3%ADn-queda-restablecido-ao-75










Comentarios