Lalín activa un plan de emerxencia de abastecemento de agua debido á reducción crítica dos depósitos
- ecosdacomarca

- hace 2 días
- 2 min de lectura
Os técnicos municipais e o goberno tamén acordaron iniciar unha investigación sobre o ocorrido para depurar as posibles responsabilidades
Ecos da Comarca/Lalín
O Concello de Lalín activa o Plan de emerxencia do sistema de abastecemento de auga, tras rexistrarse na tarde-noite de onte un consumo anormalmente elevado (1.500 metros cúbicos por enriba do habitual) que deixou os depósitos en niveis críticos, provocando unha perda de presión xeralizada e incluso cortes no subministro fundamentalmente en rúas situadas por enriba da Praza da Igrexa e varias zonas do rural.

PUBLICIDADE
A activación do Plan de emerxencia, que foi acordada nunha reunión mantida esta mañá por membros do goberno local, técnicos municipais e responsables da empresa concesionaria, conleva as seguintes medidas:
Redución da presión en todo o sistema de abastecemento ao 75% do habitual para permitir a reposición de auga nos tanques con maior velocidade.
Ordear a suspensión das actividades de gran consumo, como os servizos de lavado industriais situados nas gasolineras, ademais do peche das duchas nas instalacións municipais.
Transporte de auga con cubas dende os puntos de captación ata os tanques para acelerar a recuperación dos niveis.
Posta en marcha de accións antifraude pechando aqueles puntos de consumo non controlado que foron detectados nas últimas horas.
Habilitación de puntos de reparto de auga embotellada na parte alta da vila aos veciños que o precisen mentres non se repoña o servizo ao longo do día de hoxe.
PUBLICIDADE
Haberá puntos de entrega en:
Praza da Igrexa
Rúa C, fronte ao vello ambulatorio
Fronte ao edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero
Estación de autobuses
PUBLICIDADE
Por outra banda, os técnicos municipais e o goberno tamén acordaron iniciar unha investigación sobre o ocorrido para depurar as posibles responsabilidades da empresa e, ao mesmo tempo, facer un seguimento de posibles incrementos anormais do consumo de agua para usos agrogandeiros.









Comentarios