top of page

O BNG denuncia o colapso do servizo de Saúde Mental no CIS de Lalín

hace 24 minutos
2 min de lectura

A formación nacionalista reclama incorporar unha praza de psicoloxía clínica e outra de psiquiatría para atender unha comarca de preto de 40.000 habitantes


Ecos da Comarca/Deza

O BNG vén de rexistrar novamente unha batería de iniciativas no Parlamento Galego para denunciar o "estado de colapso que sofre o Servizo de Saúde Mental do Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín" e reclamar á Xunta un reforzo estrutural do persoal coa creación dunha nova praza de psicoloxía clínica e outra de psiquiatría.

A formación nacionalista, na voz da deputada Ariadna Fernández, denuncia que a comarca do Deza, con preto de 40.000 habitantes, conta na práctica cunha dotación insuficiente para atender a crecente demanda asistencial, situación que está a provocar

demoras nas primeiras consultas, dificultades para realizar as revisións periódicas e unha

atención condicionada pola falla de prazas estruturais necesarias. "O abandono da Xunta

está convertendo a saúde mental nun servizo de mínimos nunha comarca enteira", advirte

o BNG, que considera “moi grave” que a atención dependa de dous profesionais para dar

cobertura a toda a poboación da comarca.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A organización nacionalista alerta de que esta situación está a empurrar moitas persoas a recorrer á sanidade privada para poder seren atendidas nun prazo razoable, mentres que quen non pode asumir ese custo queda atrapado nas listas de espera. "Estamos ante unha barreira de clase incompatible cun sistema sanitario público que debe garantir o acceso á atención en igualdade de condicións", denuncia Fernández. Lembra, así mesmo, que “a saúde mental constitúe un dos principais retos da sanidade pública e critica que a Xunta continúe respondendo con medidas provisionais sen afrontar o problema de fondo: a falta de persoal e de planificación”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

"O acceso á saúde mental non pode depender do código postal nin da capacidade económica das persoas. A comarca do Deza merece unha atención digna e a Xunta ten a

obriga de poñer os recursos necesarios para garantila", conclúen dende o BNG.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page