top of page

Lalín analiza os problemas de abastecemento de auga e anuncia unha auditoría da rede municipal

21 ago
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O Concello de Lalín analizará os recentes problemas de abastecemento de auga rexistrados no municipio tras unha reunión solicitada por AEDEZA na que participaron responsables municipais e de Aquadeza, a empresa concesionaria do servizo da auga.

Segundo o alcalde, José Crespo, Aquadeza explicou que a incidencia produciuse pola coincidencia de tres factores: as elevadas temperaturas e o consecuente incremento da demanda, un pico extraordinario de consumo concentrado en apenas seis horas e a redución da capacidade de captación de Catasós debido ao descenso do nivel do río.


O rexedor sinalou que, neste momento, o servizo se atopa "practicamente normalizado ao 100 %" e que os depósitos municipais presentan niveis aceptables.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Entre as medidas inmediatas anunciadas figura o reforzo da monitorización da rede, así como unha maior vixilancia dos consumos considerados impropios, como os destinados a regar, lavar ou encher piscinas. Tamén se intensificará o control das conexións irregulares.


A medio prazo, o Concello encargará unha auditoría especializada dos máis de 350 quilómetros da rede municipal de abastecemento. O obxectivo é coñecer o seu estado e determinar que actuacións son necesarias para mellorar a captación, o almacenamento e a distribución da auga.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Crespo agradeceu a AEDEZA as súas achegas durante a reunión e pediu comprensión á veciñanza, ao tempo que reclamou un uso responsable da auga ante a situación actual.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello asegura que continuará traballando para reforzar un servizo considerado esencial e evitar que episodios similares volvan afectar ao abastecemento no municipio.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page