"Concentración cos que humillan e insultan? Non, grazas", sinala Unidade por Rodeiro
- ecosdacomarca

- 12 feb 2023
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
"Concentración cos que humillan e insultan? Non grazas", así de rotundo afirma Unidade por Rodeiro. "Despois dos ataques persoais e pretensión de humillación do PP de Rodeiro na páxina institucional, Rodeiro Alcaldía, hacia Alberte Lamazares, non creemos que a solución as consecuencias derivadas pésima xestión municipal sexa sumarse a algo que non funciona", recalca.

"Non temos apuro en ocupar postos mais si en, chegado o momento, estar o mellor preparados posible. Tamén resaltar que sempre estivemos en disposición de traballar xunto ao goberno cando este o solicitou e tamén, en base a propostas e iniciativas que levamos aos plenos".
E este partido político recalca que o seu voceiro, Alberte Lamazares, l"eva nove anos facendo oposición ao goberno e o conxunto de Unidade case xa catro. Esa experiencia fai que, a día de hoxe, esteamos nunha posición ventaxosa con respecto a outras formacións políticas. A maiores, todos debemos asumir os resultados electorais e a sociedade darse de conta de que Rodeiro necesita unha alternativa ao deterioro desta lexislatura onde, tanto Luís López como Rubén Quintá, tiveron outras prioridades pero o que está claro é que, mentres os concellos da contorna avanzan nós retrocedemos. Nesta lexislatura nin capaces foron de dar mantido as pistas e demais instalacións municipais, nin que falar cabe da incorporación de novos servizos básicos nin da nula mellora dos presentes.
Documentación Con respecto a documentación que falta para poder debater os orzamentos, Unidade insta ao goberno a que non demore a entrega da documentación solicitada. "Esperamos que nesta ocasión non volva mentir e que esta exista nas condicións anunciadas. Que dito informe sexa elaborado realmente pola propia USC e non por un membro da mesma afín ao Partido Popular, xa sabemos que calquera pode chamar a un amigo para que os informes sexan máis ou menos favorables. Tamén esixir que este sexa rexistro a nome do concello de Rodeiro. Pedimos isto porque somos conscientes de que un goberno só ten duas vías legais para ser asesorado en termos xurídicos, polo propio asesor do Concello e pola Deputación de Pontevedra polo que volvemos estar ante un caso de surrealismo político por parte do executivo".
E sinala que "temémonos que sea outra manipulación xurídica para ocultar as súas deficiencias administrativas, polo que anunciamos que, ou entrega o propio goberno o Informe económico financeiro elaborado por un técnico ou será a propia Unidade por Rodeiro a que, empregando o reglamento de réxime local, o esixa, cousa que sería vergoñento para o propio goberno que o consigamos a pesares de que o goberno o pretenda esconder".
NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios