top of page
Perruquería Marisa.gif

"A oposición recurre a "tretas administrativas" para bloquear os orzamentos", di o goberno de Camba

"Estamos a disposición de participar no debate sobre estes sempre e cando se respecte á veciñanza, porque, a non presentación dos diferentes informes impide debatilos con todos os recursos técnicos dos que deberíamos dispoñer", sinala a oposición


Ecos da Comarca/Rodeiro

O goberno local de Rodeiro viuse obrigado hoxe a aprazar a Comisión de Contas e o pleno

para o debate e aprobación dos Orzamentos Municipais 2023 tras a presentación dun

recurso conxunto contra estas sesións por parte dos grupos municipais de Unidade por Rodeiro e o PSOE. Ante esta situación, o executivo que dirixe Rubén Quintá critica que a oposición recurra novamente a “tretas administrativas” para bloquear o proxecto económico para o presente exercicio e que siga pola senda da “política anti-Rodeiro”.

O goberno lamenta o perxuízo que este retraso na aprobación dos Orzamentos 2023 causará á veciñanza “por culpa e responsabilidade exclusiva” dos grupos da oposición, pero lembrou que España é un Estado moi garantista, “polo que hai que respectar os

prazos e as formas dos recursos que, como neste caso, poden chegar a suspender este

proceso ata que se analizan por cuestións de seguridade xurídica, pero a verdade é que a

postura de UxR e do PSOE é inaudita e non pasa en ningún concello, xa que non

agardábamos que foran tan covardes politicamente e teñan tanto medo a que se debatan

e aproben unhas contas que son magníficas para os veciños”.


"Non agardábamos que foran tan covardes politicamente e teñan tanto medo a que se debatan e aproben unhas contas que son magníficas para os veciños", recalca o goberno.

O executivo municipal apuntou que o formato para a aprobación das contas foi

exactamente o mesmo que o empregado na derradeira ocasión que se aprobaron no ano

2017, cunha comisión e posterior pleno. “Pero daquela os grupos da oposición parecían

non ter tanta inquina e xenreira contra os veciños e todo o que supoña un avance para

Rodeiro, porque agora mesmo están instalados nunha dinámica de desprezo á mellora da

calidade de vida e os investimentos a prol dos rodeirenses”.


“Non sabemos que lles fixeron os veciños a UxR e ao PSOE para que actúen con tanto

desprezo contra eles, supoñemos que é moito tempo de frustacións por tantos anos sen

obter o seu apoio electoral, pero cremos que xa está ben de boicots e de bloqueos”,

sinala o goberno local, que recorda que hai unhas semanas xa sucedeu o mesmo coa tramitación dos 800.000 euros de remanentes "-paralizada por un recurso enviado dende Zamora por un membro da lista de UxR o derradeiro día de prazo- para investir en asfaltados do rural, unha cuestión na que está a traballar o Concello para poder sacalos adiante de novo no prazo máis breve posible".


O equipo dirixido por Rubén Quintá, que fará o correspondente traballo administrativo

para resolver esta situación e volver a elevar o proxecto de Orzamentos 2023 a pleno,

tamén quixo responder ás acusacións de chapuza coas que a oposición cualificou as

contas, sinalando que “saben perfectamente que son todo o contrario, porque atenden ás

necesidades dos veciños, son expansivas, sociais e contan con moitos investimentos e, precisamente por iso, porque favorecen a dinamización socioeconómica, os servizos e as

infraestruturas, teñen tanto medo a que se debatan e aproben por un posible custo

electoral, aínda que iso supoña unha nova coitelada ao interese xeral”.


O proxecto de Orzamentos 2023 presentado polo Concello de Rodeiro, subliña, "supera os 3,5 millóns de euros, alcanzando a cifra máis alta da súa historia, e conta cuns investimentos de case 1,5 millóns, ao tempo que contempla a contratación de dous traballadores para a atención social de dependentes e a dotación de axudas á natalidade".


A postura da oposición

Pola súa banda, Unidade por Rodeiro e PSOE sinalan que queren transladar ao goberno que os grupos da oposición están "en total disposición de participar no debate sobre os orzamentos para o ano 2023 sempre e cando se respecte ao conxunto da veciñanza local, porque, a non presentación dos diferentes informes preceptivos impide, non so aos grupos da oposición poder debatilos con todos os recursos técnicos dos que deberíamos dispoñer, senón que tamén impide a cidadanía facer facer propostas rigurosas. O respecto as regras democráticas e legais debe ser prioritario para un goberno que se prece polo que, deixamos en mans de María Simón cumprir as regras de xogo e sacar adiante os orzamentos para os cales tamén estamos dispostos a negociar e a axudar a elaboralos", recalcan.


"O respecto as regras democráticas e legais debe ser prioritario para un goberno que se prece", incide a oposición

O escrito conxunto de Unidade por Rodeiro e PSOE emitido hoxe ao Concello de Rodeiro:


Os debaixo asinantes, voceiros dos Gupos Municipais Unidade por Rodeiro e Mixto (PSdG-PSOE) MANIFESTAMOS:

Foron convocados as sesións da Comisión Especial de Contas e Patrimonio e ó Pleno municipal para hoxe, xoves 2 de Febreiro, as 9 e 10 da mañá para o dictame e aprobación inicial dos orzamentos de 2023.


COMUNICAMOS Ó SR. ALCALDE a decisión das concelleiras e concelleiros dos grupos que representan de non acudir as sesións convocadas por, entre outros moitos motivos, os seguintes:


• Non se lles facilitou toda a documentación obligatoria que a lei esixe para a aprobación dos presupostos establecida no artículo 168 da lei das facendas locais, entre eles e fundamentalmente os seguintes documentos:


1.- Anexo de beneficios fiscales en tributos locales conteniendo información detallada de los beneficios fiscales y su incidencia en los ingresos de cada Entidad Local.

2.-Un informe económico-financiero, en el que se expongan las bases utilizadas para la evaluación de los ingresos y de las operaciones de crédito previstas, la suficiencia de los créditos para atender el cumplimiento de las obligaciones exigibles y los gastos de funcionamiento de los servicios y, en consecuencia, la efectiva nivelación del presupuesto.


A ausencia de estes informes e outra documentación preceptiva impide ós concelleiros a formación da súa vontade de cara ao debate e votación do acordo e supón un ataque ó seu dereito constitucional de participar nos asuntos públicos, ademais dun incumprimento da lexislación local.


• Convocatoria irregular da sesión da Comisión de Contas. A sesión da Comisión, máxime en un asunto de tanta importancia, non pode convocarse para 1 hora antes do Pleno. Este feito incumpre a lei por canto o dictame que se aprobe nesa sesión debe estar en poder de TODAS as concelleiras e concelleiros, xunto coa demais documentación, coa antelación mínima esixida no artículo 80.4 do Rof de 2 días hábiles á celebración do Pleno. Polo tanto a Comisión debeuse celebrar antes da convocatoria da sesión do pleno. Esta irregularidade invalida calesquera acordo a adoptar na sesión convocada.

• O proxecto de orzamentos remitido é unha auténtica chapuza. Está cheo de erros aritméticos, incongruencias e ilegalidades e supera o ámbito temporal do exercicio de 2023 inflando as cifras totales con ingresos e gastos que corresponden ó presuposto prorrogado de 2022 . A única opción viable é devolvelo á concellería de economía para que o corrixa íntegramente e o volva a presentar con un mínimo de calidade e axustado á legalidade.

SOLICITAMOS Ó SR. ALCALDE que suspenda as sesións convocadas da Comisión de Contas e do Pleno, ó non poderse celebrar validamente a primeira e imposibilitar a adopción polo pleno do acordo algún por ausencia do dictamen e da documentación preceptiva.


ADVERTIMOS Ó SR. ALCALDE E A SRA. SECRETARIA-INTEVENTORA das responsabilidades que poden acarrear no caso de permitir a sabiendas a adopción dun acordo ilegal por falta de dictamen da Comisión de Contas e do resto de documentación preceptiva.


NOTICIA RELACIONADA:

58 visualizaciones1 comentario
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page