top of page

O goberno de Rodeiro estuda sancionar á oposición "que non asistiu á comisión de contas sen causa"

"Insistimos que, para que nós participemos nela, teñen que entregar o informe económico financeiro obrigatorio por lei", recalcan Unidade por Rodeiro e PSOE


Ecos da Comarca/Rodeiro

O goberno local de Rodeiro comezou a estudar hoxe a posibilidade de impoñer

sancións aos membros dos grupos municipais de Unidade por Rodeiro e do PSOE "despois de que na xornada de hoxe se ausentaran sen causa xustificada da Comisión de Contas, convocada para esta mesma mañá, e que deste xeito sigan a bloquear o debate e

posterior aprobación dos Orzamentos Municipais 2023".

Neste senso, cómpre lembrar, indica o ente local, "que a normativa de réxime interno do Concello de Rodeiro recolle que a Comisión de Contas, así como outras de carácter informativo, deben contar cun quórum de tres membros, unha medida que foi aprobada durante o mandato do anterior alcalde, Luis López. Dita circunstancia coincide con que o voto na Comisión de Contas é ponderado, representando cada asistente a todos os votos do seu grupo municipal, polo que a ausencia dun só membro da oposición xa impide a

súa celebración".


“O anterior rexedor aprobou esta medida para aforrar cartos por asistencias e que así

ditas cantidades puideran investirse nas necesidades dos veciños e tamén en aras da

súa boa vontade e talante coa oposición, unha postura que nos mantemos porque

cremos que o diálogo mellora a vida da xente, pero cremos que os de Unidade e os

socialistas está nunha inaudita postura de bloqueo perxudicando moitísimo aos

veciños”, sinalan dende o goberno local.

“O documento deixa ben claro que os representantes municipais teñen o dereito, pero tamén o deber e obriga de asistir, agás polas causas recollidas na lei, xa que non poden bloquear o funcionamento do Concello".

E ante esta situación, o executivo que dirixe Rubén Quintá, que está "moi interesado na

aprobación das contas polo seu beneficio para os veciños", encargou un informe

técnico-xurídico á Universidade de Santiago de Compostela (USC) "que valida e dá por

ben feito tanto o proceso como o proxecto económico municipal para 2023 e abre a

posibilidade de sancionar aos edís que non asistan aos órganos dos que son membros

sen causa xustificada".


“O documento deixa ben claro que os representantes municipais teñen o dereito, pero

tamén o deber e obriga de asistir, agás polas causas recollidas na lei, xa que non

poden bloquear o funcionamento do Concello. Ante esta situación, ábrese a

posibilidade de que sexan sancionados a proposta do presidente da Corporación, o

alcalde Rubén Quintá, e é algo que estamos a estudar consensuadamente no seo do

goberno local porque están xerando unha situación de perxuízo aos veciños que non imos consentir. Se queren poden rirse ou meterse con nós, pero non imos pasar que

ataquen aos veciños de Rodeiro, que a nós si que nos importan”, subliñan dende o

executivo.


Incidindo na obriga de asistencia, e segundo revelan dende o goberno local, os

membros “teñen que asistir ás comisións e demais órganos e alí é onde poden amosar

ou manifestar a súa disconformidade ou conformidade e incluso facer propostas para

mellorar os acordos, pero non poden rebentar o funcionamento municipal porque

nunha democracia hai que respectar ás institucións e o seu funcionamento e, por riba

de todo, aos cidadáns”.

Finalmente, o goberno local lamenta que a oposición “xa cruzara todas as liñas

vermellas na súa política anti-Rodeiro de bloqueo e boicot a todas as medidas,

propostas, avances e investimentos para os veciños, polo que posiblemente nos

vexamos na obriga de tomar medidas na defensa do interese xeral” e tamén se

pregunta se UxR e o PSOE “pagan agora a xenreira que lle teñen aos veciños de

Rodeiro porque non lle gusta o que votan habitualmente”.


O que di Unidade por Rodeiro e PSOE

"Ao final non celebraron a comisión por falta de cuorum xa que o PP de Rodeiro non ten concelleiros suficientes na comisión para garantizar que esta se puidera celebrar. Insistimos que, para que nós participemos na Comisión de Contas, teñen que entregar o informe económico financeiro obrigatorio por lei", recalca a oposición.


Esta rexistrou este mércores o seguinte escrito:


Os debaixo asinantes, voceiros dos Gupos Municipais Unidade por Rodeiro e Mixto (PSdG-PSOE)

MANIFESTAMOS:

Foi convocada a sesión da Comisión Especial de Contas e Patrimonio para o Mércores 8 de Febreiro, as 8h para o ditame e aprobación inicial dos orzamentos de 2023.


INFORMAMOS Ó SR. ALCALDE a decisión das concelleiras e concelleiros dos grupos que representan de non acudir as sesións convocadas por, entre outros moitos motivos, os seguintes:

  1. O informe económico-financeiro, debe ser elaborado por Intervención, como así aconteceu en anos anteriores. Non podemos aceptar este documento elaborado polo propio promotor dos orzamentos.

  2. A maiores, solicitamos que se modifique o informe de bonificación xa que resulta incrible que unha bonificación fiscal xenere maior recadación económica.

  3. A ausencia do Informe económico-financeiro elaborado por parte de Intervención impide ós concelleiros/as a formación da súa vontade de cara ao debate e votación do acordo e supón un ataque ó seu dereito constitucional de participar nos asuntos públicos, ademais dun incumprimento da lexislación local.

  4. Tamén queremos sinalar que o proxecto de orzamentos remitido é unha auténtica chapuza. Está cheo de erros aritméticos, incongruencias e ilegalidades e supera o ámbito temporal do exercicio de 2023 inflando as cifras totais con ingresos e gastos que corresponden ó presuposto prorrogado de 2022 .

  5. A única opción viable é convocar aos grupos da oposición para colaborar na súa mellora xa que, de feito, estes orzamentos van ter que ser executados polo próximos goberno municipal.


SOLICITAMOS Ó SR. ALCALDE que suspenda a sesión convocada da Comisión de Contas e nos convoque para elaborar uns orzamentos que realmente incidan na mellora do conxunto da cidadanía local.


Independentemente diso, manifestar que, este documento so pretende trasladar a vontade da oposición de non participar na comisión de contas, mais o goberno ten maioría democrática para adoptar os acordos que considere.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page