top of page

"Altri ameaza a consecución do bo estado ecolóxico no encoro de Portodemouros", afirma Adega

Esta asociación reclama para usos ambientais os caudais que Altri e Xeal pediron bombear do Ulla e Xallas respectivamente


Laura Moure/Xeral

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) participa no trámite de concorrencia de proxectos para a concesión de caudais con destino a usos industriais e hidroeléctricos que as empresas Altri e Xeal solicitaron no Ulla e Xallas respectivamente. Trátase dun procedemento de concorrencia de proxectos regrado no Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH) que se abre cando unha ou máis empresas solicitan ao organismo regulador unha concesión de auga. "Reclamamos para usos ambientais eses mesmos caudais, habida conta do mal estado ecolóxico das masas de auga que pretenden bombear", recalca o ente.

"Obviamente a intención de ADEGA non é solicitar a concesión de caudal con destino a un proxecto industrial ou hidroeléctrico, senón chamar a atención sobre a excesiva presión á que estes proxectos someten aos nosos recursos hídricos e facer valer a xerarquía de usos establecida nos Planos Hidrolóxicos: os usos ambientais e de abastecemento están por riba dos usos industriais e hidroeléctricos que reclaman tanto ALTRI para a súa planta de fibras téxteis en Palas de Rei como XEAL para a súa central de bombeo en Mazaricos.


ALTRI, que pretende instalarse en Palas de Rei, pedíu para usos industriais 535 l/s Río Ulla no encoro de Portodemouros con destino a unha planta de fabricación de fibras téxteis con eucalipto. ADEGA presentouse á concorrencia de proxectos reclamando adicar ese mesmo caudal a usos ambientais. "Pretendemos que Augas denegue a concesión solicitada por ALTRI e que eses caudais fiquen no río para non degradar máis o estado do Ulla no encoro de Portodemouros".

E recalca que "grande parte das masas de auga do río Ulla atópanse actualmente en mal estado, o que indica que a bacía está moi presionada, e os caudais que quedan serían esenciais para garantir o seu bo estado ecolóxico como obriga a Directiva Marco da Auga. Ademais, e dada a situación na que se atopa o encoro de Portodemouros, con graves problemas de eutrofización e presenza de cianobacterias, non se debería aceptar outra presión máis nesta masa, e menos un uso industrial que modificaría tanto a calidade das augas como os demais parámetros hídricos".


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page