top of page

Unha nova avaría volve paralizar a barcaza que une Vila de Cruces co concello de Santiso

O BNG cruceño denuncia unha incidencia máis e o incumprimento tanto da empresa Naturgy como da Xunta que deben garantir o paso as 24 horas do día os 365 días do ano


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Unha nova avaría volve paralizar a barcaza que une Vila de Cruces co concello de Santiso, tal e como afirma o BNG de Vila de Cruces. Desta maneira, o partido nacionalista cruceño denuncia unha incidencia máis e o incumprimento tanto da empresa Naturgy como da Xunta de Galiza que deben garantir o paso as 24 horas do día os 365 días do ano.

"Esta incidencia, ocasionada dende o domingo 27 de marzo de 2022 ás 10:00 horas, súmase á paralización constante que sofren os veciños e veciñas da zona, xa que hai apenas un mes o servizo sufría outra incidencia. Esta situación repítese con asiduidade dende a súa instalación", asegura o BNG.


O 16 de febreiro de 2021 o BNG acadaba a unanimidade do Parlamento para que Naturgy acondicionase a barcaza e as instalacións de Portodemouros, "e como se pode comprobar, a Xunta e empresa incumpren sistematicamente un acordo da proposición non de lei aprobada por unanimidade, sobre o acondicionamento de instalacións e barcaza" que, segundo explica o voceiro nacionalista, Álex Fiuza, debería supoñer a dotación dunha nova barcaza con capacidade como mínimo para 20 toneladas de carga e un espazo de 13 metros de longo. "De igual xeito, é fundamental que o executivo galego lembre á compañía a súa obriga de “avisar adecuadamente” cando hai avarías e de “subsanalas coa maior celeridade posible, ademais de presentar unha xustificación do período de suspensión do servizo”, xa que o número de avarías anuais é un auténtico contratempo e incertidume para as usuarias".

Ademais, o BNG quere lembrar a modificación que se debe facer do ancho actual das ramplas de acceso á embarcación, unha correcta iluminación nos accesos, (inexistente na marxe do concello de Vila de Cruces) e o acondicionamento das estradas para que poidan acceder os vehículos das dimensións establecidas pola exislación aplicable.


Unha vez máis o grupo nacionalista levará a pleno ordinario unha proposta para instar dende a corporación municipal á Xunta de Galiza as melloras pertinentes deste servizo chave para mellorar as comunicacións do concello de Vila de Cruces.


Este medio contactou coa empresa responsable para saber cales foron os motivos desta incidencia. O que nos contou no enlace:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page