top of page

Naturgy informa que se averiou o accionamento da rampa do ferri e que se restableceu hoxe o servizo

Laura Moure/Vila de Cruces/Santiso

O ferri de Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca.

Este mediodía dabamos conta dunha queixa do BNG de Vila de Cruces por unha avería da barcaza de Portodemouros que enlaza os concellos de Vila de Cruces e Santiso. E isto provocou que estivera fóra de servizo.


Este medio púxose en contacto coa empresa responsable do Servizo, Naturgy, e confirmaron esta situación. "Efectivamente, onte, domingo, averiouse o accionamento da rampa do ferri de Portodemouros, quedando interrumpido o servizo entre o mediodía de onte e o mediodía de hoxe. Colocáronse carteis informativos e avisáronse ós alcaldes da zona, ademais de a Augas de Galicia", apunta Naturgy.

O que denunciou o BNG no enlace:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page