top of page

Taboada agradece "a boa sintonía da oposición do PP con respecto ás obras máis necesarias de Cruces"

O alcalde recalca que sempre estivo a favor de realizar todas as obras posibles e cre que xa é o momento de que "a oposición non siga poñendo trabas á realización das mesmas"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, está totalmente de acordo cos últimos comentarios realizados polo exalcalde e voceiro do PP, Jesús Otero, nos medios de comunicación con relación á reparación das pistas de Piloño na ligazón ao cemiterio e as inmediacións da Capela de Santa Cruz, do mesmo xeito que as de Pastoriza e Pinlle. Nestes momento, sinala que está inmerso na preparación do próximo pleno no que está previsto tocar algún destes puntos, pero confirmou, que en breve realizará un pleno extraordinario no cal presentará os proxectos destas obras para que o pleno os dote de contía económica para poder realizalos, algo que Taboada espera que sexa soamente un mero trámite tras as últimas declaracións doPP a través do señor Otero.

López e Taboada supervisando unha obra.

"Con esta boa disposición do PP para ir en sintonía co goberno de Xuntos para realizar estas obras, o alcalde comunicou aos técnicos do Concello que preparen xa os proxectos para realizalos o máis axiña posible" e o rexedor lamenta "que a oposición estivese poñendo paus nas rodas no canto de remar no mesmo sentido que o goberno de Xuntos, como parece que están a facer nestes momentos coas súas declaracións". E recalcan que Taboada "sempre deixou claro desde que colleu o mando do Consistorio, que estaba disposto a realizar as máximas obras e traballos posibles, porque Vila de Cruces sufría un atraso de máis de 20 anos en moitas das infraestruturas".


Aínda que sinalan que o rexedor "non confía plenamente nas palabras de Otero de que apoiará a realización destas obras que hai uns días solicitou nos medios de comunicación". E subliña que o alcalde tiña intención de incluílas no orzamento deste ano, " pero para que non haxa atrasos nin controversias, realizará un pleno extraordinario no mes de abril con estas e outras necesidades urxentes do municipio con cargo ao remanente, que como xa dixo o rexedor en varias ocasións, é vergonzoso que os bancos se beneficien de ter ese diñeiro nas súas contas, cando o concello ten tantas necesidades”, recalca o equipo de goberno.


Con respecto "á preocupación do señor Otero" da realización da rúa Vázquez, Taboada lémbralle que "este mesmo non asistiu á convocatoria veciñal que no seu día se celebrou para informar a todos os interesados, e é coñecedor que as prazas de aparcamento son importantísimas para o comercio local, pero tamén o é, o conseguir facer un concello máis accesible e para as persoas, non só para os vehículos. E con esta reforma gáñase en espazo para as persoas, con beirarrúas moito máis amplas para o esparexemento e novo mobiliario, por non dicir o cambio de todas as canalizacións que teñen varias décadas de

vida, polo que aposta por este modelo de execución e para tranquilidade de todos, con respecto aos aparcamentos". E incide en que alcalde xa esta traballando na creación de aparcamentos públicos no centro da vila, que doten de prazas a todos os interesados en visitar o centro urbano, as súas tendas e desfrutar da súa gastronomía.


Julio López, o tenente de alcalde, é un pouco máis critico cos últimos comunicados vertidos na prensa por Otero. "En máis de 25 anos non fixo nada polos comerciantes e eu inclúome porque o sufrín todo este tempo e aínda seguimos esperando pola promesa de preto de 150.000 euros que ía a conseguir da Xunta para axudar o sector e agora resulta, que é o máis preocupado, e parece que se lle esquece as súas continuas trabas ao bo funcionamento da institución, e as súas constantes mentiras como cando dixo que enganaramos ao alcalde portugués de Serro Ventoso, dicindo que non lle advertimos que non había degustación do Galo, algo que o propio alcalde de Serro Ventoso desmentiu nas súas redes sociais. Isto é algo habitual en Otero, que por unha banda pide que se fagan cousas e cando se expoñen, todo son trabas para non realizalas, como fixo co orzamento do ano pasado, no cal se incluían moitas obras e melloras que non puideron realizarse pola súa negativa para aprobalos, como coas rozas que todo son problemas e en cambio esta pedindo constantemente que se roce máis porque son insuficientes. A ver se se aclara xa dunha vez", cuestiona López.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page