top of page

"O custo polos mapas deberiano asumir a medias Otero por perdelos e Taboada por incompetente"

17 mar 2022
3 min de lectura

"O obxectivo da comisión é chegar a unha resolución, para dar traslado á Valedora do Pobo, como así se comprometera Taboada en setembro e evitar así, ter que afrontar un proceso xudicial que sería vergoñento para o noso concello", sinala o BNG


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces pronúnciase tras as palabras do alcalde do municipio, Luis Taboada, sobre a denuncia da perda dos mapas de Hilgen. "As declaracións do alcalde de Vila de Cruces descartando crear a comisión de investigación sobre os mapas do Legado Hilgen incumpre a lei de Bases de Réxime Local que no seu artigo 21. O cal di que é atribución do alcalde “ordear a publicación, execución e facer cumprir os acordos do pleno do concello”", subliña o partido nacionalista.


"Consideramos que o acordo é de obrigado cumprimento para o grupo de goberno e non admite máis demoras para poñela en marcha, máis aínda se o descarte non se sustenta en motivos técnicos ou xurídicos". Ademais, recalca que a creación desta comisión, a súa composición e a orde dos traballos a realizar foi aprobada por acordo plenario no mes de novembro de 2021 a propostado do BNG, cos votos favorables de PSOE e BNG, a abstención do PP e os votos en contra do equipo de goberno, Xuntos.

"O obxectivo que persegue a citada comisión é chegar a unha resolución, para dar traslado á Valedora do Pobo, como así se comprometera Taboada no mes de setembro de 2021 e evitar así, ter que afrontar un proceso xudicial que sería vergoñento para o noso concello", sinala. E incide en que "é certo que a desaparición dos mapas se deu durante o mandato do PP, e son os máximos responsables de chegar a esta situación, mais o actual desgoberno de Taboada é agora o responsable de non procurar unha solución. E o custo que este proceso xudicial vai acarregar ás arcas municipais, deberiano asumir a medias Otero por perdelos e Taboada por incompetente e non facer nada durante estes tres anos".

A actuación da Rúa Vázquez

"Se o PP quixera facer as cousas ben, tería votado no seu día en contra do proxecto presentado, obrigando a Taboada a presentar un proxecto de consenso coa veciñanza e as distintas formación políticas do concello, como reclamamos dende o BNG, e non aceptando que Taboada fixese oídos xordos ás propostas achegadas nas reunións que mantivemos cando nos presentou o proxecto. No canto deso, PP e PSOE abstivéronse, déronlle vía libre a Taboada para sacar adiante este proxecto que empeza a ter contestación veciñal", recalca o BNG en relación a crítica dos populares sobre a actuación da Rúa Vázquez.

"Desde o BNG, verdadeira alternativa de goberno ao actual desgoberno, queremos trasladarlle ao PP que hai que ser máis valentes e, sabendo que o proxecto non era viable, aportar alternativas que beneficien á cidadanía", recrimina. E recalca que "a subvención do REACPON daba diferentes opcións, como a restauración e mellora de edificios e instalacións públicas, como a piscina ou simplemente destinalos a outras rúas, como a Manuel Iglesias, e mentres tanto, estudar a mellor alternativa para a rúa Vázquez durante un tempo, como a redirección do tráfico nun sentido só, con aparcamentos a ambos lados, ou crear aparcamentos disuasorios para posteriormente acometer as obras na rúa principal da vila".


E iniste en que antes "de crear novos problemas, hai que aportar solucións e non nolas van dar aqueles que nunca nolas deron, aqueles que sempre foron da man".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page