top of page

Taboada acusa o PP de “faltar deliberadamente á verdade” sobre os Servizos Sociais de Vila de Cruces

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, considera "especialmente grave que o Partido Popular difunda afirmacións falsas sobre a atención social municipal, evidenciando unha forma de facer política baseada no ruído e na desinformación".

Luis Taboada, alcalde de Vila de Cruces.
Luis Taboada, alcalde de Vila de Cruces.

Explica que o departamento de Servizos Sociais de Vila de Cruces está composto por tres

profesionais: traballadora social, administrativa e educadora familiar. "Polo tanto, a ausencia puntual dalgunha delas non implica en ningún caso que o servizo quede

“pechado” nin “sen atención”, xa que continúa existindo persoal municipal atendendo á

veciñanza. E iso foi exactamente o que ocorreu este luns".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

E sinala que un concelleiro do Partido Popular acudiu ao departamento e foi atendido por unha das técnicas, polo que afirmar posteriormente que “non había ninguén ou que o servizo estaba “pechado” supón faltar deliberadamente á verdade". "Resulta igualmente impropio que, tras ser atendido, abandonase as dependencias municipais profirindo expresións ofensivas, unha actitude afastada do respecto institucional que se lle debe esixir a calquera representante público".


E sinala o rexedor que a baixa da traballadora social titular está sendo cuberta por outra profesional que atende presencialmente os martes e xoves pola tarde. "As citas están a concederse con axilidade dentro da mesma semana ou mesmo no propio día. Ademais, cando existe dispoñibilidade no servizo, tamén se atende sen cita previa e, de feito, o propio concelleiro do Partido Popular foi atendido deste xeito no día de hoxe. Ademais, os expedientes tramítanse ao día, non existindo nestes momentos ningunha solicitude pendente por parte do Concello".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Luís Taboada lembra que “o verdadeiro problema está nos retrasos da Xunta de Galicia, administración competente nesta materia, que está tardando máis dun ano en resolver expedientes de dependencia, mesmo en casos prioritarios de persoas maiores de 90 anos, e máis de dous anos nas valoracións de discapacidade”.


O alcalde defendeu tamén o traballo desenvolvido pola concelleira de Benestar Social,

Noemi Lois, e por todo o persoal do departamento, destacando “o esforzo, a implicación e a dedicación diaria nun contexto marcado pola falta de recursos e polos continuos retrasos da Xunta de Galicia”. Por último, reafirmou que o Goberno municipal “seguirá defendendo os servizos públicos municipais e ás profesionais que os sosteñen cada día”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page