O PP de Cruces denuncia "o deficiente funcionamento dos Servizo Sociais do Concello"
- ecosdacomarca

- hace 4 horas
- 2 Min. de lectura
Os populares esixen medidas inmediatas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces quere denunciar publicamente "a situación absolutamente preocupante que está a vivir o departamento de Servizos Sociais do noso Concello, un servizo esencial que debería ser prioritario para calquera goberno responsable e que, unha vez máis, evidencia a falta de planificación e xestión do actual executivo local".

Lembra que no último pleno celebrado no mes de marzo, "o noso portavoz preguntou
expresamente como se ía organizar e garantir a atención do servizo ante a ausencia da técnica responsable. A resposta do goberno local foi que a situación quedaría resolta mediante reforzos “por acumulación”, intentando transmitir unha falsa sensación de normalidade. Porén, a realidade é moi distinta á propaganda do goberno local. A día de hoxe, cando a administrativa do departamento non pode asistir puntualmente por motivos persoais, o servizo sen atención, atopándose os veciños e veciñas cun departamento pechado e sen ninguén que poida resolver os seus problemas nin atender as súas necesidades".
PUBLICIDADE
Actualmente, asegura, "a única medida adoptada polo goberno local é que unha técnica
acuda dúas tardes á semana durante apenas unhas horas, algo totalmente insuficiente para cubrir un servizo tan esencial e sensible como os Servizos Sociais dun municipio coma Vila de Cruces. Estamos falando dun departamento fundamental para persoas maiores, familias vulnerables, dependencia, emerxencias sociais e moitos veciños que precisan orientación e atención inmediata. E precisamente por iso consideramos gravísimo
que a día de hoxe este servizo estea claramente infracuberto".
Por iso, dende o Partido Popular de Vila de Cruces queren "trasladar tamén a preocupación polas numerosas queixas que estamos recibindo de usuarios que
denuncian que non hai con quen falar nin quen os atenda cando acoden ao
Concello. E mentres os veciños sofren esta situación, resulta incomprensible e totalmente
fóra da realidade que no último pleno un dos puntos da orde do día fose intentar subir o soldo á concelleira responsable desta área. Unha proposta que non saíu adiante grazas aos votos da oposición".
PUBLICIDADE
Sinceramente, apuntan os populares, "consideramos que unha responsable política que ten un departamento tan importante totalmente infracuberto non merece nin a subida salarial que pretendían aprobar nin sequera o soldo que actualmente percibe, porque a prioridade debería ser garantir o correcto funcionamento dos servizos básicos e non aumentar retribucións mentres os veciños atopan as portas pechadas".
Dende o Partido Popular de Vila de Cruces esixen medidas inmediatas "para reforzar este servizo antes de que a situación siga empeorando e para garantir que ningún veciño quede sen atención nun departamento tan fundamental".








Comentarios