top of page

Un camión envorca contra un talude en Dozón e o condutor é evacuado en helicóptero

hace 4 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Dozón

Un camión envorcou esta mañá contra un noiro no municipio de Dozón e o seu condutor quedou atrapado no interior do vehículo. O accidente produciuse cando faltaba un cuarto de hora para as once da mañá, na estrada EP-6104, ao seu paso polo lugar de Saa.

O accidente de hoxe en Dozón. Autor: Emerxencias Lalín.
O accidente de hoxe en Dozón. Autor: Emerxencias Lalín.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tras recibir o aviso do 112 Galicia, desprazáronse ata o lugar os Bombeiros de Deza, os efectivos de Emerxencias Lalín, unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Garda Civil de Tráfico. O operativo sanitario incluíu o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Os efectivos de salvamento tiveron que excarcerar o condutor, único ferido no sinistro. Unha vez liberado, foi atendido polo equipo médico e evacuado no helicóptero medicalizado con varias fracturas

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page