Segue activo o lume forestal de Dozón
- ecosdacomarca

- 13 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Desde as 14:32 horas de onte, martes, está activo o incendio forestal do municipio
pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que afecta unha superficie estimada de 400
hectáreas, segundo os últimos datos proporcionados hoxe, ás 20:30 horas, pola Consellería de Medio Rural.

Publicidade
Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada este mediodía.
Publicidade
Dende os datos do mediodía, aumentaron os medios de extinción. Así mobilizáronse ata o momento 4 técnicos, 10 axentes, 22 brigadas, 29 motobmbas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Activo o incendio forestal de Dozón que afecta a unhas 100 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/activo-o-incendio-forestal-de-doz%C3%B3n-que-afecta-a-unhas-100-hect%C3%A1reas
Continúa activo o incendio forestal de Dozón cuxa superfice estimada xa é de 300 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/contin%C3%BAa-activo-o-incendio-forestal-de-doz%C3%B3n-cuxa-superfice-estimada-xa-%C3%A9-de-300-hect%C3%A1reas
Desactivado o nivel 2 de emerxencia no lume de Dozón que xa calcinou 400 hectáreas: https://www.ecosdacomarca.com/post/desactivado-o-nivel-2-de-emerxencia-no-lume-de-doz%C3%B3n-que-xa-calcinou-400-hect%C3%A1reas








Comentarios