top of page

Desactivado o nivel 2 de emerxencia no lume de Dozón que xa calcinou 400 hectáreas

Ecos da Comarca/Dozón

Desde as 14:32 horas de onte martes está activo o incendio forestal do municipio pontevedrés de Dozón, parroquia do Castro, que afecta unha superficie estimada de 400 hectáreas, segundo os últimos datos proporcionados hoxe ás 14:00 horas pola Consellería de Medio Rural.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro, unha situación que xa foi desactivada, hoxe, ao mediodía.

Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 técnicos, 8 axentes, 20 brigadas, 28 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O delegado do Goberno en Galicia,  Pedro Blanco, desprazouse ata O Castro de Dozón para supervisar a  evolución do lume que afecta a esta localidade e apoiar á veciñanza.   Estivo acompañado polo alcalde, Adolfo Campos, a quen lle trasladou  a solidariedade do Goberno de España nestes difíciles momentos, ao  tempo que agradeceu o traballo dos equipos de emerxencias e da Garda  Civil.

Tal e como informou o Concello sobre as 15:30 hora de hoxe, desde onte "o lume devastou unha extensión de 400 hectáreas, fundamentalmente nas parroquias do Castro e Bidueiros, sendo o lugar de Mizoite de Abaixo un dos máis afectados, xa que as lapas chegaron practicamente á porta das vivendas, se ben non hai que lamentar danos significativos nas casas. Nestes momentos, as motobombas, as brigadas e dous bulldozers están a traballar no triángulo que conforman os lugares de Rebordecovo, Bidueiros e Cubelos para tratar de extinguir o foco que aínda segue activo. Ao mesmo tempo, outros efectivos están a controlar posibles reactivacións do lume en zonas onde xa quedara extinguido".


O alcalde, Adolfo Campos, que esta mañá visitou as distintas áreas afectadas, manifestou que "aínda que a situación vivida onte en zonas como O Castro ou Mizoite de Abaixo foi crítica, afortunadamente non hai que lamentar danos persoais, nin afeccións relevantes a vivendas e explotacións agrarias".


"Quero destacar e agradecer a extraordinaria colaboración de veciños de todo o municipio, xa que acudiron cisternas desde parroquias que non estaban afectadas polo lume. Tamén hai que recoñecerlle o inxente traballo a todos os efectivos mobilizados polo operativo de extinción, incluídos os propios do concello, que sobre todo nos momentos de máxima tensión demostraron a súa profesionalidade para priorizar e garantir a integridade das persoas e evitar a afección do lume ás vivendas", resalta o alcalde.


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page