top of page

Continúa activo o incendio forestal de Dozón cuxa superfice estimada xa é de 300 hectáreas

Ecos da Comarca/Dozón

Desde as 14.32 horas de onte, martes, está activo o incendio forestal do municipio

pontevedrés de Dozón, na parroquia do Castro, que afecta unha superficie estimada de 300 hectáreas, segundo os últimos datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural a primeira hora de hoxe.

O incendio onte en Dozón. Autor: Ecos da Comarca.
O incendio onte en Dozón. Autor: Ecos da Comarca.

Neste lume decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Castro. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 técnicos, 18 brigadas, 25 motobombas, 1 pala, 5 helicópteros e 4 avións.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

E tal e como informa hoxe a Subdelegación do Goberno en Pontevedra, "o incendio de Dozón está estabilizado ao 60 %, non hai ningún foco activo próximo á poboación, pero mantense o nivel 2". Ademais, indicou que nas vías AG-53 e a N-525 quedou restablecido o tráfico ás 23:00 e ás 23:50 horas de onte respectivamente.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Dozón informan que na contorna do Castro quedou restablecido o subministro eléctrico dende onte un pouco despois das 22:30 horas.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page