top of page

Reiterados ataques vandálicos contra a bandeira palestina pintada na Avda. do Naranxo en Lalín

A.C. O Naranxo de Lalín, xunto con un gran colectivo veciñal da comarca de Deza, lamentan esta continua campaña de sabotaxe


Ecos da Comarca/Lalín

A.C. O Naranxo de Lalín, xunto con un gran colectivo veciñal da comarca de Deza, emitiron onte un comunicado para lamentar a continua campaña de sabotaxe contra a bandeira palestina pintada na Avda. de O Naranxo.


O seu comunicado:

"Dende a Asociación Cultural O Naranxo, xunto coa veciñanza do Deza queremos denunciar publicamente os reiterados ataques vandálicos contra a bandeira palestina pintada na Avda. de O Naranxo, unha acción que non interpretamos como un simple acto de deterioro, senón como un intento deliberado de silenciar unha expresión de solidariedade e compromiso cos dereitos humanos.

A bandeira foi pintada hai anos como parte dunha iniciativa colectiva acompañada dun acto público de repulsa á ocupación de Palestina e de apoio ao pobo palestino. Non naceu como provocación, senón como un xesto de memoria, conciencia e posicionamento ético fronte a unha realidade de sufrimento, violencia e desposesión que continúa até hoxe.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Nos últimos meses, alguén decidiu emprender unha campaña persistente de sabotaxe contra este símbolo, emborronándoo unha e outra vez. Xa son catro as ocasións nas que tivemos que restauralo. E queremos dicilo con claridade: cada vez que intenten borralo, volveremos pintalo.


Porque o que molesta a quen actúa desde o anonimato non é unha parede pintada: o que molesta é que exista memoria, solidariedade e unha voz crítica no noso pobo. Pretenden impor o silencio mediante actos covardes, pero só conseguiron reforzar a nosa convicción e multiplicar a nosa determinación.


Defender a liberdade de expresión significa tamén defender o dereito dunha comunidade a manifestar pacificamente o seu rexeitamento á ocupación e á vulneración de dereitos humanos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Non imos normalizar que o odio, a intolerancia ou a intimidación marquen os límites do que pode expresarse no espazo común. Non nos van cansar. Non nos van borrar. E non van conseguir que miremos para outro lado.


A bandeira palestina seguirá aí mentres exista vontade colectiva de sostela, porque representa algo máis profundo ca unhas cores sobre unha parede: representa a defensa da dignidade dun pobo e o compromiso cunha sociedade que non cala diante da inxustiza".


Lalín, 20 de maio de 2026

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page