top of page

Prende lume noutro alpendre da mesma propiedade en Silleda que xa se vira afectada por outro incendio o martes

Víronse afectados dous becerros


Ecos da Comarca/Silleda

Este xoves rexistrouse un incendio no municipio de Silleda. En concreto, produciuse no lugar de Moimenta, na parroquia de Saídres e na mesma propiedade na que se rexistrara outro lume este martes. O 112 Galicia foi alertado ás 14:30 horas.

Os bombeiros este xoves no lugar. Autor: Ecos da Comarca.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Deza, a Garda Civil, a Policía Local e as concelleiras Mónica González e Ángela Troitiño.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ardeu outro alpendre que estaba ao lado do afectado esta mesma semana. Neste caso, no seu interior había becerros, e dous deles víronse afectados polo lume, polo que é moi probable que teñan que ser sacrificados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información desta empresa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page