top of page

Un bombeiro ferido nun incendio orixinado nun alpendre na parroquia silledense de Saídres

Ecos da Comarca/Silleda

Un tractor tivo que ir sacando herba seca. Autor: Ecos da Comarca.

Este martes pola tarde orixinouse un incendio no municipio de Silleda. O 112 Galicia recibiu o aviso deste incendio cando estaban a piques de ser as 19:00 horas a través do servizo de Atención e Información á Cidadanía, logo de que unha muller explicase que estaba ardendo un alpendre con herba seca no seu interior, en Moimenta, na parroquia de Saídres. A alertadora engadiu que ningunha persoa se vira afectada polo lume.

Sen agardar, os xestores do 112 Galicia pasaron a información recollida aos Bombeiros de Deza, Garda Civil de Pontevedra e Policía Local de Silleda. Do mesmo xeito, tamén tivo coñecemento dos feitos a central de incendios forestais da zona.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa no punto, cando os servizos de emerxencias correspondentes se atopaban baleirando o interior do alpendre e arrefriando, os membros da Garda Civil desprazados ata o lugar solicitaron unha ambulancia por mor dun golpe que levou un bombeiro durante a intervención ao caerlle unha uralita enriba, polo que desde o 112 Galicia tamén se informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page