top of page

Pechan a conta solidaria para axudar aos veciños de Rodeiro aos que un raio lles matou 22 vacas

O motivo é que xa se acadaron os obxectivos marcados


Ecos da Comarca/Rodeiro

Autor: Ecos da Comarca.
Autor: Ecos da Comarca.

Cúmplense os obxectivos marcados para axudar aos veciños de Quintá, Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro, que o pasado 18 de maio un raio lles matou 22 vacas. "A colaboración cidadá tivo un gran efecto en só 6 días dende apertura da conta bancaria e conseguise acadar os obxectivos marcados, que non eran outros que axudar ós nosos veciños a poder volver a actividade de novo. Grazas a doazón desinteresada e o seguro que posuía a explotación, púidose cumprir", sinala o Concello. Este en colaboración da Cooperativa do Rodo abriron unha conta para axudarlles, e hoxe, martes, 27, anuncian que esta conta se pecha por lograr o obxectivo.


O alcalde deste municipio, José Luis Camiñas, indicoulle a este medio que de momento non se vai facer pública a cantidade recadada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"En nome da familia, do Concello e da Cooperativa O Rodo agradecemos a todos por facelo posible".


NOTICIAS RELACIONADAS:




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page