Un raio mata a 22 vacas en Rodeiro
- ecosdacomarca
- 19 may
- 1 Min. de lectura
O donos das mesmas non sufriron danos a pesar de que ían con elas
Ecos da Comarca/Rodeiro
Tráxica noticia ocorrida o pasado domingo en Rodeiro. Un raio matou a 22 vacas dunha explotación de Quintá, en Santa Mariña de Pescoso. Por sorte, outras tres vacas e os donos salváronse.
Publicidade

O triste suceso ocorreu sobre as 17:30 horas cando se rexistrou unha forte tormenta. Os donos estaban levando ás vacas para a casa, cando caeron uns cinco raios, e o último deles, que nos din que caeu nun transformador eléctrico, que estaba cerca de por onde ían os animais, matou de xeito fulminante a 22 que camiñaban por unha estreita corredoira que estaba anegada de auga.
Publicidade
Tres das vacas que ían máis atrás conseguiron salvarse ao igual que os donos. O susto para eles foi enorme e as perdas cuantiosas.
Vídeo no enlace: https://www.facebook.com/61570154224185/videos/488619164271764
Opmerkingen