top of page

Paula Fernández acusa ao PP da comarca de Deza de "alarmismo"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Esíxelle que "traballen pola mellora do transporte interurbano en lugar de desinformar á cidadanía"


Ecos da Comarca/Silleda

A deputada socialista e alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, respondeu ás críticas realizadas polo senador do Partido Popular José Crespo e o concelleiro Ignacio Maril sobre a Lei de Mobilidade Sostible e a suposta supresión de paradas de autobús na comarca do Deza debido á modificación do mapa concesional, afirmando que “nada máis lonxe da realidade, esas declaracións son alarmistas e buscan desinformar á cidadanía”.


Fernández cuestiona directamente a Crespo por obviar, intencionadamente, que os cambios no mapa concesional estatal permitirán reordenar os servizos para facelos máis eficientes, puntuais e útiles para a maioría dos cidadáns, e engade que “O único que se vai reducir son os tempos de viaxe entre os municipios e o custo dos billetes, que poderían baixar ata un 20%”.


Ademais, acusa ao senador de non mencionar que o Goberno de España puxo a disposición das comunidades autónomas máis de 40 millóns de euros para cubrir e mellorar os transportes nas zonas onde non exista demanda suficiente para a rede estatal. “Significa isto que nos quedamos sen paradas de autobús? Non. O que vai facer o Goberno de España é financiar á Xunta para asegurar e mellorar o transporte de proximidade, que é o que usa a inmensa maioría dos cidadáns”, asegura Paula Fernández.

"Precisamente, para a maioría das persoas do Deza, o importante é ter unha boa organización do transporte de proximidade, que permita viaxar a diario entre Santiago, Ourense, O Carballiño ou Pontevedra. Ademais, para os usuarios do transporte estatal, este cambio de xestión, tamen será positiva, xa que permitirá mellorar os tempos finais de transporte e reducir o custo dos billetes, aínda que implique facer un transbordo, algo moi habitual hoxe en día nun momento de intermodalidade no transporte". “Estamos a falar de mellorar os servizos para todos e todas, reforzando as rutas de proximidade e facendo máis rápidas e económicas as rutas estatais”, di Paula Fernández.


A deputada critica ademais que Crespo fale de abandono do rural por parte do Goberno

socialista esquecendo que a Xunta de Galicia é quen ten as competencias exclusivas sobre o transporte dentro da comunidade. “O que debe facer a Xunta é sentar a negociar co Goberno de España e aproveitar os recursos que se lle ofrecen para mellorar o transporte en Galicia, especialmente no rural. Crespo equivócase ao cargar a responsabilidade exclusivamente sobre o Goberno central e ignorar as súas propias competencias”, afirma Fernández.


En relación á proposta de Crespo para a celebración urxente da Conferencia Sectorial de

Transportes, Paula Fernández lembra que o Goberno de España xa está a negociar coas comunidades autónomas para asignar os 40 millóns de euros comprometidos e garantir a

continuidade das rutas menos rendibles. “Non foi máis que un intento político de frear unha

lei que moderniza o transporte público, reduce custos e o adapta ás necesidades reais da

cidadanía. Non se trata dunha solución seria para os problemas de mobilidade no rural”,

asegura a deputada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Fernández tamén responde á petición de Ignacio Maril para que explique a súa postura. “A miña postura é clara: defendo unha mobilidade sostible, eficiente e que responda ás

necesidades reais das persoas”. Ademais, recorda que desde o Concello de Silleda se leva meses traballando activamente para esixir a mellora das rutas a Santiago e Ourense

xestionadas por MOMBUS, que son as máis utilizadas pola veciñanza “e curiosamente, non recibimos nin o apoio do Concello de Lalín nin da oposición silledense nesta reclamación ante a Xunta. Iso si, agora, lánzanse a criticar as rutas estatais”.


A deputada recalca que o obxectivo de quen ten responsabilidades políticas en Deza debería ser traballar por riba das cores políticas para atender as demandas de mobilidade da comarca. “Espero que Crespo e Maril estean á altura e soliciten a Xunta unha transición rápida e exemplar na xestión das nosas paradas, na procura dunha mobilidade máis sostible”, conclúe Paula Fernández.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page