top of page

O Concello e a dirección de obra axustan a nova platea do auditorio de Vilatuxe

hace 3 minutos
2 min de lectura

A ampliación supera a fase máis delicada dos traballos, coa cimentación rematada e os muros e piares da planta inferior executados


Laura Moure/Lalín

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, participou esta semana nunha reunión de coordinación coa dirección de obra e coa empresa construtora para revisar o replanteo da platea do auditorio de Vilatuxe, no marco das obras de ampliación de dita instalación que se acometen con fondos a tres bandas da Deputación de Pontevedra, da estratexia EDIL e do Concello de Lalín. O encontro permitiu axustar sobre o terreo a configuración deste espazo, que coa ampliación gañará superficie, comodidade e capacidade para acoller público.


Na reunión estiveron tamén a tenente de alcalde, Paz Pérez Asorey; a concelleira responsable da área de Vilatuxe, Raquel Lorenzo Fernández; o concelleiro de Urbanismo, Pablo Areán González; e o concelleiro de Obras, José Cuñarro Torres. Participaron, ademais, Ana Taboada, responsables e persoal da empresa Taboada y Ramos e os arquitectos autores do proxecto, Luis Fernández e Carlos Durán.

A revisión que se abordou na cita reunión centrouse no repl-antexo da futura platea, moito máis ampla e con máis capacidade de público, e nos axustes necesarios para integrar a ampliación co auditorio existente. Esta posta en común entre os representantes municipais, os técnicos e o persoal da construtora realizouse nun momento no que os traballos deixaron atrás unha das fases máis delicadas da intervención.


Executada a estrutura da planta baixa

Segundo explicou o director de obra, Luis Fernández, xa están rematadas as escavacións da ampliación, situada a continuación do escenario, así como a totalidade das cimentacións e as drenaxes da edificación. Tamén están executados os muros de contención, os de peche da planta inferior —que quedará debaixo do escenario— e os piares.

 PUBLICIDADE

A proximidade do edificio existente obrigou a traballar con especial coidado na cimentación. O muro de contención construíuse por tramos duns dous metros: escavábase unha sección, executábase o muro e pechábase antes de pasar á seguinte. Este procedemento, necesario para realizar a intervención xunto ao auditorio actual, fixo que o avance nesta fase fose máis lento. Fernández sinalou que esa parte xa está superada e que as condicións meteorolóxicas favoreceron o desenvolvemento dos traballos.


Na planta inferior tamén se executou un chan elevado, cunha cámara destinada a evitar humidades e a limitar a entrada de gas radon. A obra avanza agora coa execución do forxado que conformará o nivel da ampliación do auditorio e permitirá continuar levantando a estrutura.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Actuación no exterior do edificio

Un dos próximos pasos será demoler a fachada que separa o edificio actual da parte nova para conectar ambos os espazos. Esta intervención obrigará a deixar temporalmente o auditorio fóra de uso mentres se acometen os traballos de unión.


A actuación inclúe tamén o acondicionamento da contorna e a creación dunha nova zona de aparcadoiro na parte posterior. Neste ámbito xa se realizaron movementos de terras e continúan a retirada e o almacenamento da terra vexetal. As escavacións están moi avanzadas e os traballos seguirán en paralelo coa urbanización das rúas.


En canto ás instalacións e ás conexións cos servizos, o director de obra indicou que tamén se produciron avances, aínda que esta parte da intervención ten por diante unha carga de traballo importante.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page