top of page

Lalín reunirá a 120 nenos e nenas de 13 clubs galegos no I Trofeo Terras do Deza de Patinaxe Artística

hace 5 minutos
1 min de lectura

A cita está organizada polo Club Aehde Lalín Patín e será o 15 de novembro


Laura Moure/Lalín

Lalín converterase este domingo, 15 de novembro, nun punto de encontro da patinaxe artística galega coa celebración do I Trofeo Terras do Deza, organizado polo Club Aehde Lalín Patín.

A competición reunirá arredor de 120 nenos e nenas pertencentes a 13 clubs de Galicia, entre os que se atopa o propio club organizador. Os participantes competirán en diferentes categorías e niveis, desde nivel 0 ata amateur, nunha xornada dedicada ao deporte e á patinaxe artística.

 PUBLICIDADE

O evento desenvolverase no Lalín Arena en horario de mañá e tarde. As actuacións comezarán ás 10:00 horas e prolongaranse ata as 14:00 horas, retomándose ás 16:00 e rematando ás 20:00 horas.


A entrega de trofeos terá lugar en dúas quendas: ás 14:00 horas, ao remate da sesión de mañá, e ás 20:00 horas, unha vez finalizada a competición da tarde.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A entrada será totalmente gratuíta, polo que a organización anima á veciñanza a achegarse ao Lalín Arena para apoiar os participantes e gozar dunha xornada de patinaxe artística.


O trofeo conta coa colaboración de diferentes entidades e empresas, así como co apoio institucional do Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page