top of page

A cruceña Elena Ferro leva o seu oficio de zoqueira ao CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín

hace 9 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Lalín

A iniciativa autonómica Artesanía na Escola levou esta semana o oficio tradicional da elaboración de zocos ao CEIP Xoaquín Loriga, de Lalín, e ao CEIP Plurilingüe de Oca, na Estrada, a través da artesá Elena Ferro. Con esta actividade compleméntase o traballo da unidade didáctica Eu son zoqueira, coa que estiveron a traballar previamente as nenas e nenos destes dous centros.

Nas visitas, Elena Ferro falou da relevancia dos zocos ao longo da historia, especialmente no rural galego, e realizou unha demostración en vivo da elaboración deste calzado tradicional que desde o seu obradoiro familiar Eferro (Merza, Vila de Cruces) continúan a elaborar incorporando cores, texturas e formas diferentes, para adaptar este calzado ao xeito de vestir contemporáneo. O obradoiro Eferro, que conta con máis de cen anos de historia, viu recoñecido o seu traballo co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.

 PUBLICIDADE

Artesanía na Escola é un programa concibido para achegar os oficios artesanais e os valores da artesanía a colexios de toda Galicia. Os obxectivos son divulgar os oficios como patrimonio cultural e sector económico, poñer en valor o produto feito á man e os profesionais da artesanía como creadores e transmisores de coñecementos e difundir os vellos saberes amosando os novos oficios vinculados a unha artesanía máis contemporánea. Tamén se busca transmitir os valores da artesanía vencellados a un consumo responsable, á produción local e sustentable e á economía circular; e —a longo prazo— atallar a remuda xeracional nos oficios artesanais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O proxecto conta ata o de agora con tres unidades didácticas. A maiores de Eu son zoqueira, Eu son artesán de percusión tradicional baséase na construción de pandeiretas, a través da figura do artesán Xosé Manuel Sanín; e Eu son artesán de figuras de pan dedícase á elaboración dos sanandresiños —os tradicionais amuletos típicos de Santo André de Teixido (Cedeira)— da man do artesán Jorge Bellón.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page