O televisivo Manuel de Andrade é un dos feridos graves do accidente mortal de Melide deste domingo
- ecosdacomarca

- 11 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

A Televisión de Galicia manda os seus mellores desexos de recuperación para un dos seus: o televisivo Manuel de Andrade. Natural de Melide, foi unha das persoas graves do accidente producido este domingo pola noite nesta localidade, no que faleceu unha muller de 99 anos.
Tal e como indicaron dende a TVG, Andrade está grave, pero estable e non se teme pola súa vida.
De Andrade exerce como xurado na sección de Recantos do programa Luar da Televisión de Galicia, tocándolle o papel de menos amigo dos concursantes, ademais de ser fotógrafo, coma seu pai, e cantante, entre outros.
NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios