Ollo! Retencións na N-547 á altura do municipio de Melide debido a un accidente de tráfico
- ecosdacomarca

- 9 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 10 oct 2022
Ecos da Comarca/Melide

Neste momento (23:30 horas) hai retencións na N-547, a estrada que enlaza Arzúa con Melide, entre Boente e o Barreiro, xa no municipio melidense.
Tal e como nos informa un seguidor de ECOS DA COMARCA el leva retido máis de 25 minutos.
O 112 Galicia foi alertado deste incidente ás 22:39 horas. No lugar hai ao menos dúas ambulancias e tamén están os bombeiros. Están implicados dous vehículos e de momento, son os datos que manexamos.
NOTICIA RELACIONADA:
Unha persoa falecida e dúas excarceladas no accidente producido onte á noite en Melide: https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-falecida-e-dúas-excarceladas-no-accidente-producido-onte-á-noite-en-melide







Comentarios