Unha persoa falecida e dúas excarceladas no accidente producido onte á noite en Melide
- ecosdacomarca

- 10 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O 112 Galicia acaba de informar hai uns minutos de que unha persoa faleceu e outras dúas foron excarceradas despois de que colidisen tres coches en Melide, no punto quilométrico 53 da N-547. A falecida é unha muller de 99 anos.

Durante o operativo interviron os Servizos Sanitarios, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
O 112 Galicia foi alertado do suceso ás 22:39 horas, e tal e como xa adiantabamos ECOS DA COMARCA onte pola noite producíronse importantes retencións de tráfico.
Lamentamos que finalmente unha persoa falecera, xa que era un dato que manexabamos onte, pero faltaba a confirmación oficial de que por desgraza era certo. D.E.P.
NOTICIA RELACIONADA:
Ollo! Retencións na N-547 á altura do municipio de Melide debido a un accidente de tráfico: https://www.ecosdacomarca.com/post/ollo-retenci%C3%B3ns-na-n-547-%C3%A1-altura-do-municipio-de-melide-debido-a-un-accidente-de-tr%C3%A1fico







Comentarios