top of page

Unha persoa falecida e dúas excarceladas no accidente producido onte á noite en Melide

Ecos da Comarca/Melide

O 112 Galicia acaba de informar hai uns minutos de que unha persoa faleceu e outras dúas foron excarceradas despois de que colidisen tres coches en Melide, no punto quilométrico 53 da N-547. A falecida é unha muller de 99 anos.

O accidente de onte. Autor: Bombeiros de Arzúa.

Durante o operativo interviron os Servizos Sanitarios, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

O 112 Galicia foi alertado do suceso ás 22:39 horas, e tal e como xa adiantabamos ECOS DA COMARCA onte pola noite producíronse importantes retencións de tráfico.


Lamentamos que finalmente unha persoa falecera, xa que era un dato que manexabamos onte, pero faltaba a confirmación oficial de que por desgraza era certo. D.E.P.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page