top of page

O silledense Mixel volve actuar esta noite en Luar como recanteiro de Galicia Centro

Foi eliminado na cuarta fase, pero agora regresa dende a bancada con esta nova oportunidade


Laura Moure/Silleda

Como cada venres volve o programa máis famoso da Televisión de Galicia: o Luar presentado polo mítico Xosé Ramón Gayoso. E dentro deste programa estase disputando o concurso musical Recanteiros. Hoxe volve actuar o recanteiro de Galicia Centro, o silledense Mixel (Miguel Ángel Barreiro Lorenzo). Nesta ocasión cantará o tema Pasodoble galego de Pili Pampín.


Como votar por el? Toda a información na imaxe:

Mixel ten 18 anos e estuda Bacharelato no I.E.S. Pintor Colmeiro de Silleda. Foi eliminado na cuarta fase, pero agora volve dende a bancada con esta nova oportunidade. Fichou para esta tempada 2022 polo trío Orquídea, formación musical do municipio de Santiso, e cumprirá así o seu soño de cantar nas verbenas.

Competirá nesta ocasión con Dan Ale, recanteiro da Mariña que cantará o himno non oficial de Venezuela: Alma llanera.


NOTICIA RELACIONADAS:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page