top of page

O silledense Mixel debutará hoxe en Recanteiros no programa Luar representando a Galicia Centro

Laura Moure/Silleda

Hoxe, venres, volve o programa máis famoso da Televisión de Galicia: Luar, presentado por Xosé Ramón Gaioso. E tras arrancar esta nova tempada este mes, tamén volve haber unha nova edición da súa sección Recantos, onde a canción é a gran protagonista. Entre os participantes atópase o silledense Mixel (Miguel Ángel Barreiro Lorenzo), que representa a Galicia Centro.


Tal e como informa o Luar a través da súa páxina oficial de Facebook, Mixel é o concursante máis novo desta edición. El vai debutar esta noite e faráo cun tema do gran

Raphael. "Este admirador de Beyoncé estuda no IES Pintor Colmeiro de Silleda e soña con chegar a ser cantante na verbena galega", apunta Luar.


Podedes apoialo e votar por el na páxina oficial de Facebook de Luar.

Mixel. Autor:Luar.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page