O silledense Mixel busca pasar esta noite á cuarta fase de Recantos do programa Luar
- Laura Moure

- 25 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Representa a Galicia Centro e interpretará nesta ocasión o tema Libre de Nino Bravo
Laura Moure/Silleda
Como cada venres volve á Televisión de Galicia o famoso programa Luar. Hoxe será moi emotivo porque se lle rendirá unha homenaxe ao cómico Pedro Brandariz, asiduo deste programa, que faleceu de maneira repentina esta semana. Ademais, durante esta noite poderemos escoitar de novo ao veciño de silleda Mixel (Miguel Ángel Barreiro Lorenzo) que compite na sección de Recantos. Necesita todo o apoio para pasar á cuarta fase.
"Este venres remata a terceira fase de Recantos co representante de Galicia Centro, que vai cantar Libre de Nino Bravo. Mixel ten 18 anos e estuda Bacharelato no I.E.S. Pintor Colmeiro. O seu soño é traballar nunha orquestra. De pequeno formou parte da Agrupación Xirandola de Silleda e tamén practicou Baile Deportivo na escola SondoDance", sinala Luar a través do seu Facebook. De feito, hai uns días anunciaba a súa fichaxe para esta tempada 2022 polo trío Orquídea, formación musical do municipio de Santiso.
Competirá nesta ocasión con Carminha, a recanteira de Vigo, que cantará un tema de Rafaella Carrá.
Como se pode votar polo veciño de Silleda? As distintas maneiras na imaxe:

NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios