top of page

O silledense Mixel volve competir este venres no concurso 'Recantos' no programa Luar

Laura Moure/Silleda

O mozo silledense Mixel (Miguel Ángel Barreiro Lorenzo) volve necesitar todo o apoio este venres. O motivo é que cantará hoxe de novo no concurso Recantos do Luar da TVG no que compite.

Mixel. Fonte: Luar.

"Mixel canta segunda fase de Recantos. Na individual tocoulle un tema romántico de Adamo. El é o representante de Galicia Centro e estuda Bacharelato no I.E.S. Pintor Colmeiro de Silleda. Mixel é o benxamín de Recantos 12 e soña con chegar a ser cantante na verbena galega", sinala o Luar a través da súa páxina oficial de Facebook.


Votacións

Desta volta, Mixel compite con Xisela, a representante de Terras da Coruña. Como se pode votar por Mixel? As votacións comezarán a partir das 00:15 horas e pódese votar a través do teléfono 988 600 681 (ata cinco chamadas por persoa), por WhatsApp 661 398 440 poñendo VotoMixel ou a través de Facebook (Páxina Oficial Luar) poñendo VotoMixel ou en Twitter (@LuarTVG) escribindo tamén VotoMixel. (Importante: tanto no Facebook coma no Twitter hai que votar na imaxe na que aparecen os dous recanteiros que compiten hoxe).



NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page