top of page

O PP de Melide insta ao tripartito a explicar o vertido ao canal de Ludivina ocorrido a pasada fin de semana


Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Municipal do PP de Melide esixe que o tripartito local dea as explicacións oportunas sobre o que aconteceu a pasada fin de semana no canal de Ludivina. "Dende o pasado maio o canal de Ludivina pasou a mans do Concello e a pasado fin de semana houbo un vertido con mortandade de troitas segundo nos informou o tecido asociativo medioambiental melidense e puidemos coñecer a través dos medios de comunicación, e todo parece indicar, que, presuntamente, á falta das análises pertinentes por parte das autoridades autonómicas implicadas, o goberno local ten responsabilidade no vertido", acusa o PP.

ree
Foto enviada pola Asociación Troiteiros Río Furelos.

Publicidade

ree
Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

"A proximidade da piscina descuberta municipal e a súa posta en marcha, pode, hipoteticamente, ter algún tipo de culpabilidade en tal acontecemento, por iso, como grupo político maioritario, esiximos que lle dean as explicacións pertinentes aos melidenses", sinala a portavoz municipal, Dalia García, xa que asemella que "o Furelos é

unha asignatura pendente para o tripartito, sempre e únicamente preocupado en tempos electorais polo seu arranxo, a pesar de que o PP de Melide cando gobernou deixoulle enriba da mesa un proxecto de recuperación que Pérez mantén no caixón".


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Así mesmo, indica que "O PP de Melide leva advertindo anos da necesidade de arranxar as posibles fugas que teñen as instalacións sen que o goberno local nunca actuase, creando zonas enbarradas e asolagamentos nas zonas próximas ás instalacións de piscinas descubertas".


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page