top of page

Aparecen unhas 50 troitas mortas no río Furelos, en Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

A Asociación de Troiteiros Río Furelos alerta de que o pasado sábado, día 22, aparecen unhas 50 troitas mortas. O presidente deste colectivo, Xavier Pazo, presentou este luns a correspondente denuncia.

Este é o comunicado que nos envía a asociación:


“E que o Río continúe a cantarlle á ribeira...”. Unha ladaíña de reclamos !


De novo estamos diante dunha vertedura ao río Furelos. O pasado día 22 a altura das 17:30 horas comezaron a aparecer troitas mortas no canal que recolle augas a altura da Tosta que, noutros tempos, levaba a auga para o muíño de Luzdivina e servía para que os máis pequenos nos iniciaramos no baño antes de pasar a brincar e nadar na presa. Coma sempre a Asociación de Troiteiros informamos ao 112 e, tal como indica o protocolo, presentáronse membros da Garda Civil, Medio Ambiente da Xunta de Galicia e do Control de Vertidos de Augas de Galicia.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Á altura das 20 horas a tenente de alcalde e respónsábel da área de Política Social, Saúde e Deportes, Carme Liñeira Sánchez, e o Responsable-Xefe de Gabinete da Alcaldía, Adrián Iglesias Casal, achegáronse preocupándose polo acontecido e informámolos e lles mostramos as troitas mortas: visualmente unhas 50 e medían entre 5cm e 39,5 cm. Cumprimos así co compromiso que temos co río e a sociedade melidá.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

As causas deste incidente apuntan aos arranxos que se están realizando na piscina para a súa apertura xa fora por unha fuga de cloro ou xa sexa pola utilización dalgún outro produto. Porén compre agardar polo informe que resulte da analítica realizada polos organismos competentes.


A Asociación manifesta que :

1. Debe haber un protocolo de actuación. No caso de non existir o goberno municipal debería poñer interese no asunto. Isto permitiría un control das actuacións a levar a cabo en anos vindeiros e ,no posíbel, evitar feitos deste tipo.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

2. Insistimos en que o concelleiro de medio ambiente, Xosé Iglesias García, debe facer un atento seguimento do que sucedeu ( tamén hai uns días lembramos que houbo outro caso aínda que de orixe distinta) e informar a opinión pública do resultado das pescudas levadas a cabo. Se cada quen dedica o tempo preciso ( aínda que sabemos que é un ben escaso para todos), seguro que o Furelos volverá ser o río que nos deixaron en herdanza os nosos pais e avós e que nós estamos obrigados a deixar as nosas fillas e as nosas netas!"


Melide 24 de xuño de 2024


Asdo: Xavier Pazo Blanco


Presidente da Asociación Río Furelos”.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page