top of page

O Partido Popular de Cruces sinala que "está farto das mentiras e manipulación do Señor Taboada"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces quere manifestar a súa resposta á última nota de prensa publicada polo equipo de goberno, "na que se afirma incorrectamente que só están abertos oito procedementos xudiciais e que seis deles derivan da época do goberno popular". "É fundamental deixar claro que, en realidade", sinala os populares, "son 14 os procedementos abertos, todos eles iniciados dende a chegada ao poder do actual rexedor, o señor Taboada".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Apunta o PP que entre estes procedementos inclúense tres relacionados con responsabilidade patrimonial: os expedientes municipais 254/2024, 1166/2024 e 1179/2024. "Son claros exemplos das consecuencias da mala xestión deste goberno no mantemento das infraestruturas municipais. Unha destas reclamacións foi alertada en múltiples ocasións por este grupo municipal debido ao mal estado dunha beirarrúa que necesitaba atención inmediata. Neste sentido, non se pode desviar a responsabilidade afirmando que son fortuítos; estas reclamacións son directas consecuencia dunha falta de atención e coidado por parte do actual executivo".


Ademais, tamén aparecen segundo sinala o PP, tres reclamacións presentadas por traballadores do Concello, expedientes municipais 971/2023, 951/2024 e 1163/2024, "nas que demandan a súa equiparación en condicións laborais e produtividades respecto aos seus compañeiros. As alegacións contidas nos expedientes evidencian un clima laboral deteriorado e unha falta de diálogo entre o goberno municipal e o persoal".

Outras dúas situacións corresponden a reclamacións financeiras por servizos prestados vinculados á axuda a domicilio e aos servizos de arquitectura, expedientes 1126/2023 e 874/2024. "Estes casos poñen en evidencia as deficiencias na xestión económica do Concello actual", subliña o PP.


Tamén, indica, "se atopan un procedemento derivado dun proceso de disciplina urbanística expediente municipal 1178/2024, así como outro asociado á solicitude dunha licenza, expediente 402/2021. Ademais, temos un caso sobre un vado no núcleo urbano que tamén evidencia como asuntos administrativos pendentes poden comprometer o día a día dos veciños".


"Non menos importante é mencionar o expediente referente á perda dos mapas Hilden, expediente 170/2022 ou a reclamación sobre a ocupación de terreos, expediente 730/2024. Por último, destacamos unha sanción de máis de 40.000 euros recente ao Concello porque un dos traballadores non contaba coa formación adecuada en materia de prevención laboral e por non facilitar a documentación requirida pola inspección de Traballo, expediente 40/2023; isto subliña non só unha falla na supervisión senón tamén na organización interna deste equipo de goberno".


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"É evidente que todos estes procedementos están estreitamente relacionados coa actuación (ou inacción) do señor Taboada durante o seu mandato. Ademais destes catorce procedementos xa identificados, temos constancia da existencia doutros procedementos adicionais dos cales carecemos actualmente de datos concretos; solicitaremos acceso aos expedientes pertinentes para obter toda a información necesaria sobre esta situación alarmante. Desde este grupo queremos reiterar con firmeza que estamos fartos das mentiras e manipulacións do actual alcalde para desviar responsabilidades sobre unha xestión claramente deficiente. Non descansaremos ata aclarar aos veciños todo aquilo que pretende ocultar ou distorsionar respecto ás súas obrigas como rexedor deste concello".


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page