top of page

PP cruceño: "Taboada unha vez máis, en evidencia no Pleno"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces manifeste "a súa profunda preocupación tras o último pleno realizado, no que unha vez máis quedou evidenciada a incapacidade e os enganos por parte do actual rexedor. Este pleno reflicte claramente a falta de diálogo e a imposibilidade de chegar a acordos do señor Taboada e o seu equipo de goberno".

Sinala que na dación de conta feita durante este pleno, "constatamos con sorpresa que se atopan abertos uns dez procedementos xudiciais, dos cales ningún se arrastra da etapa en que gobernaba o Partido Popular como eles afirmaban. Esta situación non só evidencia unha mala xestión por parte do actual goberno, senón que tamén pon de manifesto a incapacidade deste rexedor para establecer canles efectivas de comunicación para chegar a acordos coas distintas partes implicadas o que aforraría moitos cartos as arcas municipais. Como levabamos meses advertindo, os asesores xurídicos contratados polo señor Taboada están saqueando as contas deste municipio. Os gastos derivados destes procesos e do suposto asesoramento mensual que non son capaces de xustificar diante da evidente falta de informes emitidos polos mesmos".


Ademais, apuntan os populares, "na súa actitude caciquil habitual, o actual rexedor non deu conta dos cartos públicos que está gastando en comidas. A opacidade na xestión

económica municipal é un asunto grave que merece toda a atención por parte da veciñanza, a cal independentemente da súa contía debe xustificarse ata o último céntimo. Outro punto importante que queda evidenciado tras este pleno é coas declaracións constantes respecto ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. A pesar das reiteradas afirmacións sobre reunións e sobre como esta cuestión era unha prioridade para el, queda claro que desde que entrou no goberno non moveu un só papel para lograr rematar este plan tan esencial para o futuro do noso municipio. Esta inacción non só frea posibles avances no desenvolvemento local senón que tamén compromete as oportunidades futuras para Vila de Cruces".


Publicidade  

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha cuestión relevante abordada neste pleno, subliña o PP, "foi a aprobación inicial da

delimitación dun núcleo rural deste Concello; sen embargo, esta acción foi presentada polo alcalde como un favor persoal cando realmente foi promovida e custeada por un particular. Esta situación di moito sobre as obrigas dun alcalde que debe estar á disposición dos veciños desde o minuto un para resolver problemas coma este sexa do color político que sexa. Ademais, queda claro que desde que entrou no goberno non moveu un só papel para lograr rematar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), malia as reiteradas afirmacións sobre reunións e prioridades nesta cuestión. A inacción respecto ao PXOM frea posibles avances no desenvolvemento local e compromete as oportunidades futuras para Vila de Cruces".


En relación ás mocións levadas polo PP ao pleno recentemente celebrado, destacan a moción relativa á ITV "a que non saíu adiante cos votos en contra tanto do grupo Xuntos como do BNG. O noso grupo quere deixar claro que este goberno soamente foi incapaz de propoñer outra ubicación para esta ITV dentro da mesma parroquia e aumentar o servizo noutra parroquias sen que ningunha parroquia quedara sen este servizo. Non obstante este grupo conseguiu sacar adiante as outras dúas mocións presentadas para iniciar os expedientes necesarios para a licitación dos contratos relacionados co subministro de gasóleo así como co mantemento das instalacións eléctricas e alumeado público do municipio os cales están caducados. Esta medida será beneficiosa para o noso municipio favorecendo a calidade do servizo e un aforro económico para os nosos veciños".

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, conclúe "temos que destacar como un feito positivo para os intereses municipais que finalmente se retracte da súa decisión anterior respecto á furgoneta de alugueiro utilizada no departamento de vías e obras; un uso cuestionado constantemente por este grupo municipal".

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page