Sinala que "no pasado o partido de Jesús Otero provocou causas xudiciais moi graves, como o da rúa de Manuel Iglesias que lle supuxo ao Concello máis de 150.000 euros"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O equipo de goberno de Xuntos Polo Noso Concello de Vila de Cruces sinala que o Partido Popular vén de demostrar coas súas últimas declaracións que “a mentira é o que define ao seu partido”. Sobre os procedementos xudiciais abertos, o goberno municipal sinala que "non son dez as actuacións abertas, senón oito, tal como se lle facilitou na pertinente documentación ao propio PP. En concreto, seis destes procedementos foron causados pola “mala praxe, inoperancia e mala xestión do goberno popular de Jesús Otero".

Fala de:
"-Dúas denuncias pola relación de postos de traballo (RPT) de 2008.
-Unha denuncia por edificar a escola infantil en solo privado en 2015. O goberno municipal explica que a propietaria actual, que herdou a propiedade, contactou co Concello cando quixo vendela, sorprendida ao ver que nesta parcela se construíu unha escola sen terllo notificado e sen documento de cesión, dado que o PP “non realizou as
tramitacións legais esixibles”, ben contactar co propietario do terreo para pedir unha
cesión do mesmo ou pagar pola propiedade.
-Unha denuncia pola perda dos mapas do Legado de Hilgen, debido á “mala praxe e ao oscurantismo do PP”.
-Unha nova denuncia por realizar un muro en 2017.
-Unha denuncia por unha factura de 2017 que se levou a pleno e que estaba prescrita".
O goberno municipal aclara que só hai dous procedementos abertos da súa época por responsabilidades patrimoniais ou actos que non teñen nada que ver coa xestión do
goberno, xa que son actos fortuítos dos que se fai cargo o seguro de Responsabilidade
Civil do Concello ou dos que se saíron absoltos.
Ademais, o goberno municipal lémbralle ao PP "que si houbo procedementos xudiciais moi graves e custosos causados polo seu goberno, como o da rúa de Manuel Iglesias que lle supuxo ao Concello máis de 150.000 euros en procesos xudiciais e foi o equipo de Xuntos, encabezado por Luís Taboada, o que conseguiu arranxar este problema arrastrado desde o goberno de Otero comprando os terreos por 36.000 euros no comezo desta lexislatura".
Publicidade
En canto ás dúas sancións de máis de 40.000 euros da Seguridade Social, o goberno de Xuntos aclara que unha delas foi froito dun accidente laboral no que a Seguridade Social decretou este pagamento do que se fixo cargo a Responsabilidade Civil, pero o Concello reclamará este abono cunha apelación.
Sobre o PXOM do municipio, o goberno de Xuntos sinala que o PP paralizou o planeamento en 2014, proceso de tramitación iniciado en 2003 cun custo de 250.000 euros. Tamén explica que sobre o caso concreto dunha vivenda nunha delimitación dun núcleo rural, o goberno de Xuntos “non fai favores persoais, senón que só axuda aos veciños”. As persoas afectadas neste caso manifestaron ao goberno de Xuntos o seu desacordo coa forma de actuar do PP coas súas últimas declaracións.
Publicidade
Finalmente, sobre a cuestión da ITV móbil agrícola en Merza, o goberno municipal sinala que "o PP mentiu novamente, como se pode ver na gravación do pleno da semana pasada, xa que nin o alcalde nin o equipo de goberno se negou a que a ITV se situara como sempre nesta parroquia". Sinala que a problemática xurdiu en 2023, cando o servizo da ITV lle comunicou ao Concello que tiñan que ampliar a instalación e que non podería situarse en Merza. "Desde o goberno municipal facilitáronlle varias alternativas, e finalmente a de Bascuas foi a mellor opción temporal. Actualmente, o goberno municipal está estudando unha proposta definitiva para situar este servizo no mellor espazo posible".
O que dixo o PP no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/pp-cruce%C3%B1o-taboada-unha-vez-m%C3%A1is-en-evidencia-no-pleno
Comments