"Estase a recoller igualmente as solicitudes fóra de prazo, xa que é habitual que durante os meses de verán se produzan baixas ou modificacións nas quendas", subliña
Ecos da Comarca/Silleda
O goberno municipal de Silleda, ante as afirmacións do BNG sobre o campamento de verán, lembra que a difusión deste servizo é a mesma que a de anos anteriores, sendo ademais o plazo de inscrición o mesmo que o de anteriores convocatorias. Así, ademais de publicar a información na web municipal e nas Redes Sociais do Concello (Facebook e Instagram), tamén se comunicou o prazo a través da aplicación Liña Verde e se difundiu entre as Anpas dos centros.

Do mesmo xeito, dende o Servizo Lúdico Educativo, enviaronse avisos ás familias usuarias, tanto as que utilizan este servizo ao longo do curso escolar, como ás que participaron en anteriores convocatorias tanto do campamento de verán como do campamento de Nadal.
Publicidade
O prazo rematou o pasado 16 de maio, cun total de 132 inscricións (en Silleda 61 familias con 82 menores e na Bandeira outras 41 familias con 50) todas aceptadas. Así mesmo, algunhas entraron fóra do prazo, atendéndose igualmente.
Publicidade
Dende o goberno advirtese da necesidade de establecer un prazo por cuestións organizativas, se ben é habitual que ao longo dos meses de verán en que se celebra o campamento se produzan novas altas e baixas. “Somos conscientes das necesidades de conciliación das familias en épocas como o verán, e por iso seguimos a aumentar e a mellorar este servizo ano tras ano”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.
O que dixo o BNG: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-silleda-faise-eco-das-queixas-da-veci%C3%B1anza-en-relaci%C3%B3n-%C3%A1-escasa-publicidade-dos-campamento
Comments