top of page

O BNG de Silleda faise eco "das queixas da veciñanza en relación á escasa publicidade dos campamentos"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Para a portavoz do BNG, "o goberno municipal debería priorizar ofrecer información sobre servizos en lugar de malgastar en actos de autobombo"


Ecos da Comarca/Silleda O BNG de Silleda asegura que "nos últimos días recibíronse varias queixas de veciñanza que este ano non poderá inscribir ás súas crianzas nos campamentos de verán xa que non se comunicou ben a toda a veciñanza a existencia destes campamentos e o prazo de inscrición, creando un problema grave de conciliación a algúns pais e nais que teñen que traballar durante os meses de vacacións escolares e usaban habitualmente este servizo".

Desde o BNG lamentan que "estes campamentos só se publicasen por medios dixitais, e non tamén por medio de colocación de cartelaría na vila e nas parroquias o que tería permitido chegar a un maior número de usuarios".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Non se entende desde o BNG que, "existindo grupos de difusión para outros temas, o goberno non creara un para avisar as persoas que xa utilizaron o servizo en edicións

anteriores. Tampouco que o Concello eluda a súa responsabilidade e non queira agora

resolver a situación dos pais e nais que quedaron fóra e comunicaron esta situación á

área de Benestar", e considera que debería abrise un prazo especial "dadas a mala

comunicación que se fixo dos citados campamentos".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Resulta curioso que o goberno municipal gaste 7 mil euros en enviar dúas cartas sucesivas a todas as casas do municipio, anunciando a inauguración do novo Concello,

e non teña a mesma dilixencia para informar, cando menos, a todos os pais e nais que

xa utilizaron o servizo en anos anteriores -que son moitos menos- mediante unha carta.

É este o compromiso do Concello de Silleda coa conciliación?” indica a voceira

local, Erea Rey, que engade que o concello debería priorizar "os servizos á cidadanía

e non os actos de autobombo".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page